SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2018 | Actualizada ás 13:49 por EUROPA PRESS
Un home de 56 anos resultou ferido na mañá deste martes nun accidente de tráfico rexistrado en Santiago de Compostela, onde chocaron un coche e unha moto.
Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco despois das 11,30 horas na SC-20, en dirección ao Polígono do Tambre, á altura da rotonda de San Marcos.
Até a zona desprazáronse efectivos da Policía Local e dos Bombeiros da cidade, así como unha ambulancia do 061, que trasladou ao motorista, con diversas fracturas, ao Hospital Clínico de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.