Temas: LIDIA SENRA CUBA

Representantes galegos avalían as consecuencias do bloqueo de EE.UU. nunha visita a Cuba

A eurodeputada Lídia Senra participa nunha delegación do GUE/NGL para coñecer a realidade cubana.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 15/02/2018 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

As principais das consecuencias derivadas do bloqueo económico imposto polos Estados Unidos de América dende a década dos anos sesenta. Ese é unha das cuestións que quixo amosar o Goberno cubano a unha delegación de eurodeputados entre os que se atopa a galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e representante do mesmo na Asamblea Paritaria da Unión Europea para África, Caribe e Pacífico (ACP-UE).

Fidel e Raúl Castro
Fidel e Raúl Castro

Senra, na compaña de outros oito eurodeputados participa durante esta semana en Cuba nunha xuntanza para coñecer a realidade política e social deste país. Así, mantiveron encontros coa Asamblea Nacional de Poder Popular (ANPP) e co Presidente da Comisión de Asuntos Xurídicos e Constitucionais da ANPP, o deputado José Luis Toledo.

Tamén houbo encontros con representantes do Ministerio de Relacións Exteriores e co Presidente da Comisión de Saúde da Asamblea Nacional, e visitas ao Cardiocentro William Soler e ao Centro Nacional de Cuba para a Educación Sexual. Tamén haberá tempo para unha reunión co Comité Central do Partido Comunista de Cuba.

A delegación concluirá a visita este venres cun intercambio de opinións co Ministerio de Cultura e a Comisión de Educación, Cultura, Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente e pola tarde un encontro con organizacións da sociedade civil na Asociación Cubana de Nacións Unidas.

Alberto Núñez Feijóo nunha xuntanza con Raúl Castro
Alberto Núñez Feijóo nunha xuntanza con Raúl Castro | Fonte: Xunta
Temas: LIDIA SENRA CUBA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Rosa Lugo

Cuba, Venezuela. Como les importa a estos las democracias. Ya se vé. Una cosa es que vayan estos rojillos, pero otra muy diferente es que vaya el señor Feijóo a rendirle pleitesía a los dictadores. Está claro que el PP está ya en sus horas más bajas. A ver si llega sabia nueva con Rivera.

3 Rosa Lugo

2 Rosa Lugo

1 Tocabolas

Vamos...unha suculenta Viaxe ao Caribe á nosa conta...co "rollito manido" do Bloqueio.....que Morro teñen.......