Por Galicia Confidencial | Madrid | 26/01/2011 | Actualizada ás 09:45
Nun comunicado a Comisión Nacional do Mercado de Valores, o primeiro grupo de prensa estatal, Prisa, editor entre outros do diario El País, anunciou este martes unha vaga de despedimentos. A corporación reducirá os seus efectivos en 2.500 traballadores en todo o mundo, o que supón o 18% do seu persoal global.
"Prisa vai levar a cabo un plan de reestruturación que suporá a redución do 18% do seu persoal a nivel global", di textualmente comunicado.
A empresa di que xa anunciou o plan a representantes dos traballadores e os sindicatos, "afectará a unhas 2.000 persoas en España e a outras 500 en Portugal e América, aínda que non se descarta unha segunda fase na que se amplíe o número de empregados afectados fóra de España", segundo a mesma fonte.
"A reestruturación do persoal estenderase até o primeiro trimestre de 2012 e as reducións de postos levasen a cabo, entre outras medidas con baixas incentivadas e xubilacións anticipadas".
Xa en decembro pasado, o primeiro grupo clausurou a cadea de televisión de información continua CNN +.
En Galicia Prisa está representado sobre todo a través da edición galega de El Pais. Na Cadena Ser a maioría das emisoras son empresas asociadas, como Radio Ourense, Radio Coruña (que opera tamén Radio Nordés e Radio Bergantiños) ou Radio Galicia de Santiago. Polo de agora descoñécese até que punto os plans de Prisa afectan a súa actividade no país.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.