Piden "desculpas" aos usuarios do WebTV de Blusens logo de quedar inactivos os seus servidores como medida cautelar

A páxina oficial en Facebook de WebTV, que vendía Blusens, publicou un comunicado na tarde de venres no que pide "desculpas" aos usuarios deste receptor de televisión logo de quedar inactivos os seus servidores.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2018 | Actualizada ás 21:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A páxina oficial en Facebook de WebTV, que vendía Blusens, publicou un comunicado na tarde de venres no que pide "desculpas" aos usuarios deste receptor de televisión logo de quedar inactivos os seus servidores.

WebTV de Blusens
WebTV de Blusens | Fonte: Europa Press

En concreto, trátase dunha medida cautelar no marco da investigación aberta polo xulgado de intrucción número tres de Santiago na que foi detido o dono de Blusens, José Ramón García, e outras dúas persoas da mesma empresa.

"Queremos pedirvos desculpas por todas as molestias que está a causar a situación actual. A complexidade desta situación non deixa marxe de manobras", apunta o texto.

"Os servidores que permiten o funcionamento completo do dispositivo tv box WebTV deben permanecer inactivos como media cautelar. Ata que se esclareza a situación por posible relación con algunha vulneración de dereitos de propiedade intelectual esíxese que WebTV non poida conectarse a Internet para funcionar de forma regular", proseguen as explicacións.

Precisamente, desde o mércores deixaron de funcionar as aplicacións de recepción de sinal de televisión incluídas nos aparellos que comercializaba Blusens. Concretamente, permitían a posibilidade de descargar aplicacións coas que poder conectarse a ligazóns piratas de webs con películas, series e deportes, entre outros contidos.

Así mesmo, fontes do sector dos electrodomésticos e electrónica confirmaron a Europa Press que na xornada do mércores chegaron instrucións para retirar dos lineais este produto, así como para paralizar a comercialización por motivos xudiciais.

Ademais, a recomendación dada nalgunhas destas tendas foi a de recoller os datos aos clientes que acudan a preguntar --deixaron de funcionar as aplicacións de descodificación-- e esperar a ter novas instrucións sobre estes receptores.

O fundador da empresa galega de electrónica Blusens, José Ramón García, quedou en liberdade provisional o xoves, após ser detido en relación a un suposto delito contra a propiedade intelectual e organización criminal.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta