SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2018 | Actualizada ás 16:46 por EUROPA PRESS
As reservas do grupo sanguíneo A negativo (A-) permanecen baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-), Cero positivo (0+) e A positivo (A+) atópanse normais, segundo a información facilitada este martes pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.
Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 12 de marzo, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Narón --Praza da Constitución--, Ordes --detrás do Concello--, A Coruña --entrada da Facultade de Ciencias da Educación-- e Ribeira --aparcadoiro de Frinsa--.
Tamén o luns acudirán unidades móbiles ao concello ourensán de Xinzo de Limia --diante do Consistorio-- e aos pontevedreses de Caldas de Reis --xunto ao centro de saúde--, Vigo --recinto do IES Ricardo Mella-- e Vilagarcía --Praza da Liberdade en Carril--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.