Temas: TVG TELEVISIóN

A TVG, a canle autonómica máis comprometida cos trazos culturais dos seus telespectadores

O 90 por cento dos galegos considera que Televisión de Galicia contribúe a promover a identidade galega, segundo unha enquisa realizada para Forta, a unión de canles autonómicas públicas do Estado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2018 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O 90 por cento dos galegos considera que a Televisión de Galicia contribúe a promover a identidade galega, segundo unha enquisa realizada para Forta, a unión de canles autonómicas públicas de España. Así, segundo explica a TVG, a televisión autonómica galega é a que está en "máis sintonía con trazos culturais dos seus telespectadores" e do país.

Gayoso e Silvia Jato no Luar da TVG.
Gayoso e Silvia Jato no Luar da TVG.

De feito, a televisión galega sitúase oito puntos por enriba das seguintes nesta mesma clasificación, que son a catalá e a andaluza. Os madrileños son os que menos valoran a súa canle autonómica, xa que só un 45 por cento opina o mesmo acerca de Telemadrid.

Este estudo, que se presentou este martes, tamén di que a Galega é a televisión cuxa audiencia a ve como empresa máis moderna. Pénsao así o 80 por cento dos espectadores enquisados.

INFORMACIÓN INTERESANTE

Ademais, o 72,6 por cento dos enquisados opina que as autonómicas ofrecen información interesante e próxima, mentres que para o 55 por cento son as que atenden unha maior variedade de públicos e contidos, unha porcentaxe que chega ao 65 por cento entre os mozos de 15 a 35 anos.

A enquisa tamén desvela que mesmo naquelas comunidades autónomas que non contan con canle autonómica propia se considera estes medios como os que máis contribúen a difundir a realidade e a cultura local e rexional.

Para este traballo demoscópico, realizado pola consultora GFK, realizáronse mil entrevistas. levou a cabo con motivo do 35 aniversario do inicio das primeiras emisións das televisións públicas autonómicas, que para o 70 por cento dos cidadáns do Estado son un servizo público necesario para a sociedade no seu conxunto.

Temas: TVG TELEVISIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

5 Fernando G

Partiendo de que las televisiones autonómicas son un pufo que pagamos todos llenas de enchufados con sueldos siderales a mayor gloria del político de turno, hay que reconocer que el estudio es interesante dado que programas como Luar sintonizan estupendamente con buena parte de la población galega, sin olvidar que a mucha gente le interesa ver a sus conocidos por la televisión. ¿O es que alguien piensa que sería mejor poner los ripios de Sechu Sende en la telegaita? En todo caso, que la cierren cuanto antes y el que la quiera ver que la pague como cualquier otra televisión de pago.

1 Farto de cínicos

Que comecem fechando o burato negro de TVE e a bilha de quartos públicos pra os meios domesticados, assi como adjudicaçom de frequências pra rádios e televisons pro-régime.

4 galegoexiliado

Eu diría que "o noventa por cen dos galegos..... cree que Galiza é tal como a ve na Telegaita". Cando vives fora, lonxe da Galiza, e ves esa imaxe da Galiza que amosa a Telefeijoo, e que che recorda á Galiza do Xan das Bolas que deixaches atras fai anos, sintes mais vergoña que orgullo. Pero a eles vailles ben pa manterse no poder. E todo pagado cos impostos de todolos galegos.

1 Undopobo

É certo, O que non sei é si sería mellor unha tv na que se fixese apoloxía do independentismo, se insultase ao resto de España e dos españois, se manipulasen todas as informacións para apoiar "o proceso", se transmitisen sentimentos de odio ou xenreira hacia os que non pensan coma nós (neste caso nacionalistas_independentistas); unha tv na que a intolerancia e o desprezo en relación a España estivesen á orde do día...non, moito mellor Xan das Bolas.

2 urco

Estes que lhes doe mais umha catarreira se é catalana que um cancro se é galego, já cheiram.

3 Outro do Pobo

Undopobo, que tal se o que defendemos é unha CRTVG plural, profesional e que responda aos estatutos que a rexen e que lle dan sentido? Iso sería o mellor e non a actual radiotelevisión de partido, que non conecta con amplos sectores da poboación (a mocidade practicamente non a ve nin a oe) e que non ten unha clara aposta pola lingua e a cultura galegas. Nesa CRTVG ideal que queremos a maioría habería tertulias plurais e informativos máis obxectivos onde se puidera defender a soberanía para Galiza ou Cataluña en contraposición ao monocor actual porque iso, de seu, non significa nin insultar nin desprezar.

4 Solar

Bueno, todo depende do punto de vista co que se mire. Eu non vexo desacertado o resultado da enquisa. Igual os que estamos equivocados somos nós, e a Galicia maioritaria e real é a da TVG, e non a que temos idealizada e pretendemos ou nos gustaría que fose... ;-)

3 Nexus 6

Telegaita. Una a una, todas la TV autonómicas deberían ser cerradas por su evidente despilfarro y cuasi nula calidad. Son entes de propaganda al servicio del gobierno de taifas en que se ha convertido el Estado Autonómico, engendro todavía más caro e ineficiente que no trae a los españoles más que cainismo y falta de cohesión. Si esas TV y esas autonomías están regidas por nazionalistas o tienen "lengua propia", a lo dicho anteriormente súmese el adoctrinamiento identitario y la inquebrantable adhesión a la tribu. ¡¡Si es que ya he visto libros editados en andaluz!! (para algunos, lengua propia de Andalucía, claro) "Ô imbitamô a la presentasión der libro klásiko de "Er Prinzipito" en su tradusión a l'andalú po e l'antropólogo Huan Porrah. Arremetiendo ke será una oportuniá unika pa poé difrutá de la filosofía ke mana er libro a trabé de nuettro idioma andalú."

2 Tocabolas

A min esto lémbra-me a un "estudio" que lle encargara, xa hai ben anos, o Colexio de Farmacéuticos de España ao ex-comunista e economista Ramón Tamames a cambio de 70 millóns das antigas pesetas para saber se facían falta mais Farmacias e saiu-lles que Non (tal e como eles querían, claro está).

1 Reborainasworld

Eu chegados a este punto so podo dicir: mi madriña. Agora ben se alguen niso que se chama esquerda sabe algo de socioloxia deberia tirar conclusions.

1 Lunar

Se vale de algo dicilo, penso que non se debe asumir que as enquisas son feitas para saber algo, senon para FACER SABER algo. As preguntas as fai o interesado (a FORTA) e as respostas, curiosamente, resultan en beneficio del mesmo. Resulta mais beneficiosa a tvg que outras para a cultura galega? SI.. Faino o mellor que o pode facer? Rotundamente NON.