Temas: FACENDA

Anuncian que o PIB per cápita de Galicia alcanza 90% da media española

A Consellería de Facenda destacou que o produto interior bruto (PIB) de Galicia alcanzou a taxa "máis alta" de toda a serie histórica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2018 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A través dun comunicado de prensa, a Consellería de Facenda resalta dos datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE) que Galicia igualou o crecemento de España e creceu 0,7 puntos máis que a media da Unión Europea, "polo que segue avanzando no proceso de converxencia con Europa".

O  conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez | Fonte: EP

Apuntan tamén que Galicia se mantén entre as comunidades con "mellor comportamento" do PIB desde que empezou a recuperación económica. Segundo o INE, é a terceira que máis subiu no últimos tres anos, entre 2015 e 2017, cunha media do 3,62%, case catro décimas máis que a media estatal (3,25%).

"Isto ratifica que a economía galega está a alcanzar un comportamento mellor do previsto no Plan Estratéxico de Galicia, que estima un crecemento medio do 2,5% no período 2015-2020", conclúe.

Temas: FACENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta