Temas: O GROVE

O Concello do Grove pon en marcha unha ordenanza para o impulso social da lingua galega

Establece un compromiso claro e directo de que o Concello do Grove empregue o galego en todas as súas accións tanto internas como externas.

Por Galicia Confidencial | O Grove | 26/03/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Servizo de Normalización Lingüística do Grove puxo un marcha unha novidosa iniciativa, unha ordenanza municipal para o impulso social da lingua galega nas tarefas administrativas e de divulgación municipal.  Esta proposta nace a partires da documentación recollida noutras administracións.

Toponimia galega deturpada
Toponimia galega deturpada

A referida ordenanza nace co espírito, segundo o concello, de “desenvolver accións encamiñadas a implicar ao conxunto da sociedade no proceso de normalización lingüística”. Deste xeito, establece un compromiso claro e directo de que o Concello do Grove empregue o galego en todas as súas accións tanto internas como externas. “Deste xeito faise especial fincapé na formación e tamén nas accións de divulgación para realizar un especial coidado e dedicar atención a un patrimonio inmaterial como é a lingua”, apuntan desde este municipio socialista.

A intención do goberno é a aprobación da ordenanza no pleno que se celebrará a finais deste mes para poder comezar coa súa aplicación o antes posible. A ordenanza establece o galego como lingua oficial do concello, polo que a aplicación da mesma suporá melloras na sinalización e no material escrito que se elabore no municipio. Ademais, crearase unha comisión técnica que velará polo seguimento e aplicación desta norma pola que se levaba anos agardándose pola falla de acordo dos grupos. 

Temas: O GROVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Alégrome moito desta iniciativa.