A senda na PO-552 entre Vigo e Nigrán estará para o verán e as obras en tramos de accidentes licitaranse este ano

A senda peonil e ciclista na PO-552, entre as localidades de Vigo e Nigrán, estará en servizo antes do próximo verán; e as obras para a eliminación de cinco treitos de concentración de accidentes nesta contorna licitaranse no segundo semestre deste ano.

VIGO | 27/03/2018 | Actualizada ás 14:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A senda peonil e ciclista na PO-552, entre as localidades de Vigo e Nigrán, estará en servizo antes do próximo verán; e as obras para a eliminación de cinco treitos de concentración de accidentes nesta contorna licitaranse no segundo semestre deste ano.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na senda peonil de Coruxo
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na senda peonil de Coruxo | Fonte: Europa Press

Así o comunicou este martes a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que durante unha visita ás obras manifestou que estas acometidas buscan mellorar a mobilidade segura e cómoda nunha vía "de alta intensidade de tráfico" --no verán nalgúns puntos chegan a circular até 20.000 vehículos-- e que discorre por núcleos de poboación.

En canto á senda peonil, explicou que consiste en tres tramos de 2,3 quilómetros en total: Coruxo-Roteas, A Estea e Priegue. Terán un ancho mínimo de 1,8 metros e zona axardinada, e a execución inclúe actuacións complementarias como paradas de bus, drenaxe e muros de contención.

Esta obra, que se inclúe no plan de sendas de Galicia posto en marcha pola Xunta, está orzada en máis de 800.000 euros, e coas expropiacións e os servizos supera un millón de euros de investimento. Vázquez avanzou que a senda estará en servizo antes do próximo verán.

Ademais, esta acometida complementarase na PO-552 tamén entre Nigrán e Vigo con obras para a eliminación de cinco tramos de concentración de accidentes, proxectos que están redactados, xa se someteron a información pública ese prevé licitar por dous millóns de euros no segundo semestre do ano. Este proxecto incluirá a mellora de interseccións, rotondas e carrís de incorporación.

Ethel Vázquez descartou concretar os prazos para esta acción ata que non avance a tramitación, aínda que remarcou que o obxectivo da Xunta é que todos os tramos de concentración de accidentes das estradas autonómicas, incluído este, sexan eliminados nesta lexislatura, é dicir, antes do ano 2020.

BARRIO DE NAVIA

Noutra orde de asuntos, cuestionada sobre avances no carril-bici no barrio vigués de Navia, indicou que o proxecto xa está adxudicado e os depósitos previos pagos, polo que adiantou que se prevé que o inicio das obras sexa "en breve".

Finalmente, no relativo á construción de vivendas protexidas en San Paio de Navia, lembrou que a Xunta investiu 10 millóns e está iniciada a fase de permuta, ante o que pediu ao Concello olívico "axilidade para a aprobación definitiva do plan parcial", o cal é "imprescindible" para poder iniciar as obras de urbanización e de construción das vivendas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta