BBC: Galician percebeiros desafían á morte

A cadea británica escolle aos percebeiros galegos para abrir unha nova serie sobre como o home se adapta as condicións máis difíciles. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Londres | 15/02/2011 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

A BBC, gran referente na industria dos documentais, apostou polos percebeiros galegos para lanzar o primeiro capítulo adicado aos océanos de 'Human Planet', emitido por vez primeira este xaneiro,

“Temerarios percebeiros galegos desafían a morte por un produto que chega a valer 200 euros o quilo”, explica a cadea británica na presentación da peza, unha das máis relevantes da súa actual oferta de documentais.

Human Planet busca ilustar os xeitos nos que o ser humano logrou sobrevivir nas condicións máis duras em diferentes entornos do planeta. No primeiro capítulo, adicado ao mar, os percebeiros comparten espazo, por exemplo, cos cazadores de quenllas de Nova Guinea, en Oceanía.

Os xornalistas anglosaxóns cometen algúns erros na súa narración, como cando asegura que até cinco percebeiros morren cada ano nas rochas. Con todo, as imaxes son espectaculares:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 brais

impresionantes as imaxes certo que se coñecesen mellor o traballo distes homes se valararía máis

1 Marta petarda

uy! pero hablan gallego! qué bajón!

1 manolo man

non, non é en galego. É en inglés