Comparte esta noticia

A deputada Paula Quinteiro subiu á súa conta de Facebook un texto no que ataca e ao mesmo tempo se defende, das palabras vertidas no artigo de opinión "¡Paula Quinteiro somos todos!" asinado por Siro no día de onte, sete de marzo.

Nómina subida por Paula Quinteiro á súa conta de Facebook
Nómina subida por Paula Quinteiro á súa conta de Facebook

A peza de opinión de La Voz comeza cun lamento irónico sobre o actual estado das relacións internas en En Marea. Seguidamente o asinante do artigo fai unha longa e tamén irónica descrición dos feitos que levaron ao estado interno da formación rupturista. A presunta intervención de Quinteiro en favor duns amigos, presuntos autores dun acto de vandalismo así como de insultos á Policía Local de Santiago. Seguidamente o autor do artigo pon por diante o salario de 4.800 euros que cobraría Paula Quinteiro como deputada autonómica. Finalmente, Siro conclúe que Quinteiro debería ter en conta que o seu salario o paga toda a cidadanía.

CLASISMO

Paula Quinteiro comeza sinalando que levaba semanas non querendo alimentar a polémica pero, despois dalgunhas "difamacións redactadas en distintos medios de comunicación", di que se viu "na obriga de respostar" a estas, especialmente as escritas nun artigo de opinión da Voz de Galicia de hoxe (por onte)". Lamenta a deputada tamén que "os debates se estean a dar maioritariamente a través dos medios de comunicación do adversario, construíndo relatos de maneira nesgada e falaz".

A deputada considera que os termos usados non só son para "atacarme" (sic) senón que agochan unha actitude de "clasismo". A partir de aí comeza a describir a súa carreira anterior á súa actual posición parlamentaria. Quinteiro traballou como enfermeira "cun salario igual ou inferior ao que cobro nestes momentos (1.880€), xa que o resto dónoo para diversos espazos", di. Como exemplo, Quinteiro sobe á rede social unha copia dunha nómina "que abrangue un período de 15 días". Con anterioridade, apunta, "nunca encadeei un contrato dun mes completo porque traballaba de maneira precaria pero continuada".

A deputada Paula Quinteiro de En Marea
A deputada Paula Quinteiro de En Marea

Detrás das palabras escritas en La Voz estaría "a idea é que só poden acceder ás institucións as persoas con grandes salarios", sinala Quinteiro, que ademais remarca que "tiña un salario máis alto que o da media dos galegos e das galegas que se vén condenadas á miseria". Lembra que ela, como outras compañeiras e compañeiros de profesión, non tivo que emigrar pero "traballei noutras ocasións en condicións moito peores".

Recorda que tamén moitas das persoas que a atacan "son as que votaron favorablemente para subir o salario das deputadas a 3 Salarios Mínimos Dignos", concepto que Quinteiro ve como "inventado demagoxicamente por estes (3.000 euros), medida á que por suposto me opuxen para que cobráramos 3 SMI", expón.

Quinteiro remata sinalando que os e as traballadoras teñen que estar nas institucións públicas. Que precarios e precarias deben ser protagonistas da política en todos os ámbitos. E finaliza dando as grazas polos apoios recibidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

3 Próculo

Demencial o desta muller!

2 Valdeorras Nazón

A esta moza pásalle como á Cifuentes. Canto máis fala, máis o empeora todo. Ademais é un pésimo exemplo de submisión ao macho alfa da banda destrozacoches. Pero claro, 5.000 é moito soldo.

1 Dalle que libras

DIMITE dunha p... vez ¡¡¡

1 Pondaliao

No me hagáis esto, os juro por la marca Podemos que el carné del parlamentiño no volveré a sacarlo cuando salga de marcha con el espacio rupturista.