O galego Dorado ascende á dirección das mocidades do PP

O Congreso das "Nuevas Generaciones" organizarase dentro de dous meses. Con todo, a dirección do PP acaba de filtrar o resultado final, tras a marcha de Nacho Uriarte. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 17/02/2011 | Actualizada ás 02:26

Comparte esta noticia

Nacho Uriarte, deputado condenado por conducir borracho, deixará finalmente o cargo. O relevo indicado a varias axencias polo equipo de Mariano Rajoy está formado por unha andaluza, Beatriz Jurado, que será a presidenta, e o galego Javier Dorado, próximo secretario xeral.

Javier Dorado substituíu a María Seoane como líder das mocidades do PP galego este verán. Dorado é estudante universitario e traballa no gabinete da Consellería de Industria, que dirixe o vigués Javier Guerra. Así se presenta nunha videoentrevista colgada polo PP:

None

Dorado foi líder das Novas Xeracións en Vigo, logo na Provincia e despois gañou o Congreso en Galicia, co apoio do aparato do Partido e integrando aos rivais. Este é un vídeo dunha campaña das mocidades conservadoras nas eleccións á Xunta, no que Dorado chama ao cambio repartindo propaganda e preservativos:

 

Agora parece que ocupará a secretaría xeral a nivel estatal, mentres que a presidenta será Jurado. Un respaldo ao peso do PP galego e o andaluz na maquinaria da rúa Génova. Velaquí os artigos de Dorado publicados no GC.

None

Uriarte, un ano como presidente malia ser detido

O mandato de Uriarte finalizou en setembro de 2009. Tres meses despois era sorprendido conducido baixo os efectos de alcol. Como é aforado, foi o Supremo quen o xulgou e condenou hai un mes. É dicir, o PP mantívoo á fronte das mocidades máis dun ano mentres se resolvía o caso coa previsíbel condena de retirada do carné e multa por 2.400 euros. O Congreso celébrase agora con dous anos de atraso sobre o previsto, pero meses antes das eleccións locais.

Cada ano morren no Estado 900 persoas en accidentes causados por condutores ebrios.


 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 Xaime

Doradito, doradito... Mira este enlace: http://www.youtube.com/watch?v=DCfh...

1 Xanuco

Orixinal traballo de montaxe. Pero ós que somos do Carballiño e coñecemos a Pachi dende hai tempo sorpréndenos a pretenciosidade do video. Porque dá a entender que Pachi arranxou esa casa roubando, cando este home ten unha empresa no eido da sanidade privada dende hai moitos anos que lle permite gañar bastante máis pasta que para facer esa obra. E despois hai outra cousa, calquera que vaia por San Amaro (se é que hai xente que saiba chegar) poderá sorprenderse dos prezos das casas que se venden, (a min ofreceronme unha fai pouco por un millón de pesetas). Moitos alugarían os seus pisos das cidades e irían vivir para alá.

3 Del PP de papi, sabes?

Nacho Uriarte foi o nacho ese, e nunca mellor dito, que veu á clausura do congreso de NNXX. Tío majete, sentado no chan mellor que na silla para que se vise o humilde que era. Cando lle tocou falar dou as gracias por ser invitado a la región gallega (tamén lle gustaba dicir las provincias vascongadas ou la generalidad de cataluña) e lembrou o santo do día, San Francisco Javier, uno de los españoles más importantes de la historia. E invitou ós cachorros pepeiros a seguir o seu exemplo (o de javier). Mágoa que el non o seguise e o pillasen no coche de papi cheo coma unha brótegha. Non me rín tanto desde que o presi de NNXX se metese unha hostia na praza roxa (cecais por iso) coa súa Mayaha nova do trinque mercada por papi. Pedazo representantes da xuventude galega, rama pijos, sabes?.

2 Manolo

No me parece una elección adecuada. Seamos sinceros, el chico tiene una pinta de trepa que asusta y de asesorar a un Conselleiro de Industria sabe tanto como de hablar japonés. Nacho Uriarte no es precisamente ejemplo de nada, y con motivo de su accidente tendría que haber sido cesado de manera fulminante, pero este no creo que lo mejore. Que dentro del BNG y PSOE haya casos peores no consuela en absoluto.

1 Manoliño

Cando vos metíades tanto con el, xa sabía eu que era porque tiña futuro. É guapiño, parece sanote, algo apijado :) (eso é o que vos pon enfermos), ao mellor tiña que estudar un pouco mais, que está no tempo, e deixar a política para mais adiante, ¿ou non é unha magoa que un rapaz dos seus anos deixe os estudos pola política?, pero vaia, cada quen elixe as súas opcións ao longo da vida. Veña, parabéns!!!

1 Rayleigh

"deixe os estudos pola política". Si tes razón. Para ser do PP só fai falla saber ler e escribir. E saber facer traballo de despacho axeonllado. Pouco máis. Vaise por que aquí xa hai overbooking de incompetentes e xa non podería amosar as actitudes que lle caracterizan neste campo. Que se vaia e non volva.

2 Wikipedia

Na terminoloxía de Internet, un troll (ás veces trol) é unha persoa que busca intencionadamente interromper as discusións en Internet (por exemplo en foros) ou anoxar os seus participantes, para o que adoita empregar mensaxes groseiras, ofensivas ou fóra de tema coa intención de provocar a reacción dos demais. http://gl.wikipedia.org/wiki/Troll_...

3 Rayleigh

Xa o sei wikipedia. Pero é que este troll faino tan mal (nin iso sabe facer) que da risa. Ademáis, é que a nova de Doradin é tan xugosa que non me fai falla manoliño para comentala. O Doradín despois de "asesorar" o conselleiro de Industria como aumentar en 50 mil parados (un 25 % máis de paro) e deixa-la actividade industrial de Galiza baixo mínimos, agora vaise á "capital" a amosar os seus coñecementos para así botarlle a culpa a ZP. Un incompetente para sustituir a un borrachin..So fai falla que volva Rato como ministro de Economía.