Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2018 | Actualizada ás 13:13
O deputado do BNG Luís Bará rompeu un retrato do rei Felipe VI este mércores no pleno do Parlamento, durante a defensa dunha iniciativa en contra da interpretación "represiva" dos delitos de incitación ao odio e enaltecemento do terrorismo.
Bará, que foi alto cargo do Goberno bipartito de PSdeG e Bloque, defendeu, mentres mostraba dúas fotografías do rei, que "romper este retrato" non é un delito, senón o "ABC da democracia" e alegou que non o podía queimar por estar "nun espazo pechado".
O nacionalista fixo referencia a principios como a liberdade de expresión e o pluralismo aludindo á condena a España por parte do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) en relación aos mozos cataláns Jaume Roura Capellera e Enric Stern Taulats.
A Audiencia Nacional impuxera a estes dous mozos 15 meses de cárcere en 2008 por un delito de inxurias á Coroa --unha pena que foi substituída por multa de 2.700 euros-- por queimar unha foto dos Reyes tras unha manifestación en Xirona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.