O Colexio de Avogados da Coruña adiantará o abono doutro trimestre da quenda de oficio pola folga

Chama "á responsabilidade" das partes, "obrigadas sen escusa nin dilación a pór fin a esta indesexable situación".

Por E.P. | A CORUÑA | 18/04/2018 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Colexio de Avogados da Coruña acordou adiantar o pago dos importes devengados á quenda de oficio correspondentes ao primeiro trimestre de 2018 debido "á xa insustentable situación xerada pola folga" na Xustiza en Galicia.

Reunión Folga Xustiza
Reunión Folga Xustiza

"Esta medida, que afecta a 881 colexiados, é a segunda ocasión que se toma nas últimas semanas, tentando paliar a situación económica dos avogados adscritos á quenda de oficio do Colexio de Avogados da Coruña", explica a entidade colexial nun comunicado.

Ademais, reitera á Xunta e ao comité de folga a "ineludible necesidade de alcanzar con carácter inmediato un acordo" e "de garantir a continuación da actividade xudicial da que son responsables".

"DANOS E PREXUÍZOS"

Tamén a entidade colexial subliña "os incalculables danos e prexuízos sufridos pola cidadanía e profesionais", así como "o inaudito menoscabo ao dereito fundamental á tutela xudicial efectiva".

Por todo iso, "camiño de tres meses de folga" o Colexio de Avogados da Coruña fai un chamamento "á responsabilidade das partes, obrigadas sen escusa nin dilación a pór fin a esta indesexable situación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta