O poeta Carlos Negro, premio en 2018 dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario galegos

O poeta e docente Carlos Negro foi galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2018, que recoñece ao autor galego máis lido polos lectores que forman parte dos Clubs creados en 213 centros de educación secundaria no curso 2016/2017, impulsados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2018 | Actualizada ás 18:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O poeta e docente Carlos Negro foi galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2018, que recoñece ao autor galego máis lido polos lectores que forman parte dos Clubs creados en 213 centros de educación secundaria no curso 2016/2017, impulsados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Carlos Negro (Lalín, 1970) recibirá así un galardón que ten por obxectivo pór en valor o traballo dos autores galegos que facilitan coas súas obras a función do profesorado como mediadores de lectura e que provocan o interese das persoas que forman parte dos Clubs, creados en cada centro educativo, para fomentar a lectura na etapa adolescente.

Recoñécese, ademais, a creadores comprometidos coa lingua propia de Galicia e coa extensión da lectura en galego. O premio, creado en 2015, recaeu xa en Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016) e Miguelanxo Prado (2017).

Carlos Negro recibirá o galardón o 1 de xuño no marco da XI Xornada dos Clubs de Lectura. É profesor de lingua e literatura galega, escritor e poeta. Entre outros recoñecementos, recibiu o premio Johán Carballeira polo poemario 'Héleris' (2003), o Victoriano Taibo por 'Cultivos transxénicos' (2008), o premio da Asociación de escritores en lingua galega á mellor obra de literatura infantil e xuvenil por 'Penúltimas tendencias' ("014) e o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2016, por 'Tundra'.

CLUBS DE LECTURA EN 231 CENTROS

Os clubs de lectura son grupos de dinamización da lectura nas comunidades educativas de cada centro. Funcionan, ademais, como espazos de convivencia e educación cidadá e como ámbitos de aprendizaxe non formal que contribúen á adquisición de competencias crave, ao acceso á lectura dixital e ás novas tecnoloxías da comunicación e da información, a través do uso nas actividades das redes sociais, os 'booktrailers' ou os blogs.

Un total de 231 centros de ensino secundario e postobligatoria contan este curso 2017/18 con clubs de lectura ao amparo da convocatoria da Consellería, dotada con 215.000 euros.

O 82% dos Clubs acolle varios grupos de lectura, dependendo do nivel de estudos, os intereses dos participantes ou as temáticas. Nas reunións, que se celebran fóra do horario lectivo, participan este curso algo máis de 11.000 persoas, entre profesorado, alumnado,persoal non docente e familias.

De feito, o 26% dos membros dos Clubs son adultos, o que dá conta da capacidade destes grupos para conectar ás distintas xeracións e á comunidade educativa.

Ademais, os centros intercambian información dos seus respectivos Clubs creando, por exemplo, listas dos libros máis lidos, o que contriúe a tecer unha rede ampla de lectores en Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 dangzeghong

👀🏆 The other side of #Copa30! FC Barcelona🔵🔴 👀🏆 ¡La otra cara de la #Copa30!FC Barcelona 🔵🔴 👀🏆 L'altra cara de la #Copa30!FC Barcelona🔵🔴 http://www.spnfutbol.es/