Temas: SARRIA GANDERíA

As granxas de porcos, nova vía para explotar a colombianos

Detida a propietaria dunha granxa. Tiña a tres persoas de Colombia traballando seis días á semana, 11 horas á xornada en condicións "inhumanas".

Por E.P. | LUGO | 23/04/2018 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a unha empresaria na localidade lucense de Sarria por explotación laboral de tres homes aos que captou en Colombia, o seu país de orixe, e aos que prometeu un contrato de traballo nunha granxa de porcino, onde en realidade vivían en condicións "inhumanas, insalubres e sen ningún dereito laboral nin asistencial".

Granxa en Sarria (Lugo) na que se detectan casos de explotación laboral
Granxa en Sarria (Lugo) na que se detectan casos de explotación laboral | Fonte: Europa Press

Nun comunicado, a Policía Nacional informa de que a detención produciuse o pasado mércores e de que á detida está relacionada con tres delitos de trata de seres humanos con fins de explotación laboral e un delito contra os dereitos dos traballadores.

As investigacións desvelaron que esta muller captou aos tres traballadores estranxeiros en Colombia baixo engano e prometeulles un contrato de traballo na súa granxa e conseguirlles os papeis para traballar en España, o cal nunca chegou a facer. A detida enviáballes a través de correo electrónico a reserva de billete de avión e de hotel e seguro de viaxe, todos eles requisitos necesarios para entrar en España por motivos de turismo.

CONDICIÓNS DA SUPOSTA VIVENDA

Segundo o relato da Policía, os traballadores foron aloxados nunha vivenda que está dentro da mesma granxa, con humidade no teito, "moita sucidade" no chan, bolsas de lixo apiladas á entrada e un ambiente "cheo de malos cheiros". A vivenda esta encima da granxa, comunicada por unhas escaleiras.

Para durmir, os traballadores tiñan un colchón rebentado e un sofá cama na cociña, o váter non se podía usar xa que as tubaxes non desaugaban, había ratos mortos no chan e telarañas polas paredes. Ademais, non dispuñan de auga potable, só de auga da traída do río, que a maioría das veces saía chea de barro.

Os cidadáns colombianos empezaron a traballar de forma inmediata nada máis chegar a Galicia, após aprender doutra persona o que había que facer. "En ningún momento se lles indicou con que medios contaban e que medidas de protección", asegura a Policía Nacional.

Traballaban seis días á semana, 11 horas ao día e libraban só un día que era o que decidía a detida. Sen seguro médico, cando enfermaban, con vómitos e diarreas, por exemplo, non acudían aos servizos sanitarios, senón que tiñan que continuar traballando e os únicos medicamentos que tomaban trouxéranos de Colombia.

A investigación levouna a cabo a Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras de Lugo. A detida pasou a disposición do Xulgado de Instrución de Sarria, segundo informou nun comunicado a Policía Nacional.

Temas: SARRIA GANDERíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta