Temas: RADIO GALEGA TVG

Xurxo Souto: "A TVG e a RG creáronse para ser altofalantes da lingua e da cultura de Galicia "

O multifacético artista de Montealto, Coruña, subiu un manifesto ás redes "Nós non imos quedar caladas". Souto, que tamén foi subdirector de programas na Radio Galega durante o bipartito, debulla razóns para estar en contra dos cambios na grella de programación nesta emisora, da que di, non está cumprindo co mandado na lei de creación dos medios públicos galegos. "O Xabarín Club creou unha revolución xeracional", lembra.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/05/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Cal e a túa apreciación sobre  os cambios que se presentaron na  grella da Radio Galega?
O evidente  é que non me gusta e non entendía os porqués. E  non só como oíntes senón tamén como cidadanía,  somos  propietarios desa  emisora pública, por tanto temos todo dereito a expresar a nosa opinión.

Xurxo Souto nun programa para nenos e nenas.
Xurxo Souto nun programa para nenos e nenas.

Entón chega alguén que  cre que é o propietario de esa emisora e fai isto,  non o ves así?
Penso que está habendo una  grande reacción.  Non é habitual que por un cambio nunha programación se estea manifestando un número tan amplo de  xente e de procedencia tan diversa. Falemos en presente,  o Diario Cultural non é só un espazo, é un modelo de  facer radio.

A cidadanía somos propietarios desa emisora pública

Pois debe haber persoas que non entenderon esa idea de modelo para facer radio.
Cómpre destacar que os medios públicos en galego son un logro de toda a sociedade. Non son unha anécdota,  son una garantía de futuro. Un instrumento marabilloso para a lingua galega. Os medios públicos galegos foron creados, e así aparece no artigo un da lei de creación da Compañía de Radiotelevisión de Galicia, iso incluímolo  no manifesto e así aparece legalmente, para a promoción da lingua e da cultura galegas. Iso é o que inexorablemente debe cumprir toda dirección. E se hai un espazo  que estaba cumprindo con este punto dentro da radio e da televisión,  era Diario Cultural. Obxectivamente  estaba cumprindo coa promoción e difusión da lingua galega. Non so o facía ben senón que  creou un estilo, un modelo, non era una tradución de programas doutras cadeas estatais que é o que acontece moitas veces.

Un modelo moi diferente?
Mesmo un modelo na realización,  porque ademais de destacar o traballo de redacción de Ana Romaní e todos os compañeiros, os técnicos de son e os realizadores foron creando un estilo formal. Por tanto una vez que se crea ese modelo  e xera  unhas maiorías tan amplas No mundo da cultura,  ten que haber una razón moi fonda para eliminalo e non encontro cal é. Por iso estamos protestando  tanta xente, para reclamar un patrimonio público.

Diario Cultural creou un estilo propio que non era a tradución doutros programas de cadeas estatais

Houbo reaccións e comentarios apuntando ás gañas que  lle tiñan a este programa.
Iso xa son valoracións   subxectivas. Eu acudo ao previo,  é un programa que está Cumprindo escrupulosamente a finalidade para que foi creada a Radio Galega. O que temos que reclamar á dirección dos medios públicos galegos é que se cumpra  a lei. O Diario Cultural representa a revolución da intelixencia. Cando a radio galega serve de altofalante para a cultura galega consegue uns logros marabillosos. A dirección da radio ten toda a lexitimidade para cambiar a programación, pero esa programación ten que ser coherente coa finalidade para a que foi creada. A Radio Galega está xestionada por esa dirección, non é propiedade desa dirección, é propiedade de todas e de todos nós. Polo tanto esa dirección ten que estar moi atenta aos comentarios da cidadanía. E  tamén á cidadanía  debemos expresarnos reclamar  ese dereito. O manifesto que subimos  ás redes está creando un consenso nunca visto.  Agora mesmo  hai máis de dúas mil sinaturas.

Esa dirección non foi nada ecuánime coa referencia que supuña o programa.
É que o propio  sería que esa dirección coidase ese modelo de programa  que  é unha referencia, porque está cumprindo coas finalidades para os que foi creado. No existe obxectivamente una causa que explique por que deixa de ter sentido.  Neste programa séntese representado todo o sector cultural deste país,  cousa que é incrible por ser tan marabilloso e difícil.

A direción da CRTVG ten que estar atenta aos comentarios da cidadanía

Nos últimos anos houbo una eclosión artística en Galicia  que queda sen referente.  que está pasando  dentro da cultura galega?
A cultura galega  nin é mellor nin peor que calquera outra,  pero obxectivamente existe. Somos un pobo de artistas e hai una realidade cultural interesante, e é emocionante que se exprese en galego. Esa realidade cultural galega non ten cabida desgraciadamente,  a pesar de todas as subvencións aos medios privados maioritarios e medios públicos estatais, non ten onde reflectirse. Para iso se crearon os medios públicos en galego e cando son o altofalante da cultura galega os resultados son espectaculares. Un exemplo axiomático  foi o Xabarín Club. Foi introducir vídeos musicais de grupos en galego e creou unha revolución xeracional. Mesmo rapaces e rapazas que non eran galegofalantes levan hoxe  esa pegada. Cando os medios públicos non apoian aos artistas en galego, estes vólvense invisibles. Aparecen en pequenos medios que son alternativa pero desaparecen de cara ao grande público. Ao mesmo tempo tanto a radio como televisión públicas deixa de ter sentido,  porque fan unha programación convencional Que es una tradución formal o galego doutros modelos.

Cando os medios públicos non apoian aos artistas en galego, estes vólvense invisibles.

Xurxo Souto como artista pensas que este feito responde algún tipo de política planificada?
Sinceramente non o sei,  pero que está claro é  que nin a radio nin a televisión galegas  están sendo o referente maior da cultura galega. Un exemplo son os premios Martín Códax  que teñen como emisora oficial á Cadena Ser. Insisto, os medios públicos galegos non están cumprindo co artigo un da lei de creación da CRTVG. Debemos demandárllelo como sociedade.

Temas: RADIO GALEGA TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Xurxo Souto

Punto un do artigo primeiro da Lei da Creación da Compañía da RTVG: Atribúeselle á Compañía de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega, así como a atención á máis ampla audiencia, ofrecendo calidade e a máxima continuidade e cobertura xeográfica, social e cultural, propiciando o acceso aos distintos xéneros de programacións e aos eventos institucionais, sociais, culturais e deportivos, dirixíndose a todos os segmentos de público, idades e grupos sociais (...)

6 Cincocentoseuros

E outros convertiron agora ao Museo de Pontevedra nun centro de papadas e visitas guiadas por rapsodas profesionais. E a algún santón nunha especie de contrato fixo con esa ETT na que outros se empeñan en converter ao BNG. Menudos pinchos papache!

1 Ola loquito

Te tomastes la pastillita louzanista

5 anonimo

O único servizo que fai hoxe a RTVG e contribuir ao "impulso, promoción e difusión" do modelo ultraliberal do PP , sen que ningún partido da oposición faga nada para impedilo: Por exemplo esixir que se aplique unha lei aprobada no 2011 que tenta (ainda que de modo muy ti,morata e sen nengún entusiasmo) a independencia da RTVG.

4 Xurxo Souto

Punto un do artigo primeiro da Lei de Creación da Compañía CRTVG: Atribúeselle á Compañía de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega, así como a atención á máis ampla audiencia, ofrecendo calidade e a máxima continuidade e cobertura xeográfica, social e cultural, propiciando o acceso aos distintos xéneros de programacións e aos eventos institucionais, sociais, culturais e deportivos, dirixíndose a todos os segmentos de público, idades e grupos sociais, e favorecendo activamente a difusión cultural, intelectual e artística e dos coñecementos cívicos, económicos, sociais, científicos e técnicos mediante toda clase de emisións en lingua galega realizadas por dita Compañía a través das sociedades Radiotelevisión de Galicia, S.A. e Televisión de Galicia, S.A., así como de calquera outra que poida crear no futuro. https://nosnonimosficarcaladas.word...

3 Xurxo Souto

Punto un do artigo primeiro da Lei de Creación da CRTVG: Atribúeselle á Compañía de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega, así como a atención á máis ampla audiencia, ofrecendo calidade e a máxima continuidade e cobertura xeográfica, social e cultural, propiciando o acceso aos distintos xéneros de programacións e aos eventos institucionais, sociais, culturais e deportivos, dirixíndose a todos os segmentos de público, idades e grupos sociais, e favorecendo activamente a difusión cultural, intelectual e artística e dos coñecementos cívicos, económicos, sociais, científicos e técnicos mediante toda clase de emisións en lingua galega realizadas por dita Compañía a través das sociedades Radiotelevisión de Galicia, S.A. e Televisión de Galicia, S.A., así como de calquera outra que poida crear no futuro. https://nosnonimosficarcaladas.word...