Feijóo respalda que o PP apoie soldos de 100.000 euros a un deputado expulsado do PSdeG en Lugo

Asegura que o espectáculo na Deputación de Lugo provocouno o Partido Socialista, a pesar de que é o PP o que mantén ao ex deputado socialista como presidente do SUPLUSA.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/05/2018 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

"Vostede chegou ao poder en 2009 falando de austeridade e criticando os soldos do goberno do bipartito. Acaba de dicir que o máis importante nunha organización política é que teña coherencia nas súas actuacións e decisións políticas. Tendo en conta isto, respalda vostede que o seu partido apoie dous soldos que suman 100.000 euros a un ex deputado do PSOE na Deputación de Lugo?. Unha persoa á que ademais criticou xa duramente Ciudadanos".

Manuel Martínez vota co PP na Deputación de Lugo
Manuel Martínez vota co PP na Deputación de Lugo

Foi a pregunta directa que este xoves lle fixo Galicia Confidencial ao presidente galego tras o esperpento provocado por Manuel Martínez no pleno da deputación. Un Manuel Martínez que apoia o PP de Lugo na súa intención de recibir un salario de 57.000 euros para el e 41.000 para un asesor.  Pero, a pregunta non lle gustou ao presidente galego porque, lonxe de contestala, aproveitou para ler unha resposta preparada na que o único que aludía era que o "espectáculo" provocado na deputación era motivado polo propio PSOE.

Así, o presidente galego destacou que na Deputación de Lugo gañou o PP, pero goberna o PSOE, que "xerou moito entretemento e pouca xestión". "En todo caso ese deputado -Martínez- era do PSOE, non do PP", insistiu.

"Pero non me responde. Está vostede dacordo en que o seu partido apoie soldos de 100.000 euros para esta persoa", insistiu este medio. A súa resposta, o silencio. E xa hai un dito popular que di iso de "quen cala, outorga".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Josman

Lóxico, o PP sempre a favor dos corruptos sexan da cor que sexan...