A galega Nadia Calviño, nova ministra de Economía

Pedro Sánchez elixe á actual directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea para dirixir o ministerio máis importante.

Por E.P. | Madrid | 05/06/2018 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A galega Nadia Calviño Santamaría será ministra de Economía no Goberno de Pedro Sánchez, confirmaron fontes da dirección socialista. Actualmente é directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea.

Nadia Calviño
Nadia Calviño | Fonte: PSOE

Licenciada en Economía pola Universidade Complutense de Madrid e en Dereito pola UNED, Calviño ocupou o cargo de directora xeral de Defensa da Competencia, dependente do Ministerio de Economía, entre maio de 2014 e agosto de 2016, durante o mandato de Pedro Solbes, no Goberno liderado por José Luís Rodríguez Zapatero.

En Bruxelas, foi subdirectora de Competencia desde setembro de 2006 a outubro de 2010, cargo que deixou para ocupar até abril de 2014 o cargo de subdirectora de Mercado Interior e Servizos. Desde maio de 2014 até a actualidade, era a directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea.

REACCIÓNS

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mostrou a súa "satisfacción" por esta designación. Ao seu xuízo, supón un nome de "peso" e dá "fiabilidade".

Caballero destacou que "todas as decisións que está a anunciar o presidente van na dirección de ter un goberno moi forte, para ter capacidade de desenvolver unha axenda de prioridade social, de loita contra a corrupción e centrada no diálogo político con todos os axentes".

Así, Caballero, que indicou que na mañá deste mesmo martes estivo en contacto con Pedro Sánchez, manifestou "todo" o seu "apoio" ás decisións adoptadas e expresou a súa "satisfacción" porque a próxima ministra de Economía sexa "unha alta funcionaria da Unión Europea, unha persoa galega, e cun compromiso socialista ao longo da súa vida, tamén na súa contorna familiar".

Así mesmo, o líder socialista galego mostrouse satisfeito por "ver que hai novos perfís con compoñente técnico político moi solvente para afrontar novas etapas de responsabilidade á fronte do Goberno de España".

Ao ser preguntado se na conversa con Pedro Sánchez xurdiu algún outro nome de ministrables galegos ou en concreto o da deputada Pilar Cancela, Gonzalo Caballero pediu respectar os "tempos" que marque o presidente do Goberno para ir confirmando as persoas que integrarán o seu Consello de Ministros, que está previsto que se saiban ao completo este mércores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Trontxome

Hai galegos que non naceron aquí nin levan apelido galego. Hainos que naceron aquí e levan apelido galego pero non son galegos. Esta é destes últimos. Ten tanto de galega coma min de chinés.

1 NazisNon

Ejemplo de mensaje xenófobo digno de Quim Torrá o de los nazis que apoyan a Puigdemont en Alemania. Lo que nos faltaba por leer, un elemento que se atreve a decir quien es gallego y quien no. Seguro que es de la UPG.

6 Ko Jon Un

Que non vos enganen, é De Guindos con falda. Troika rules!

5 anonimo

¿E non virá sendo filla ou parente daquel director xeral de RTVE que lle chamaban José María Calviño?

4 A mesma merda e

Sempre, sempre, gobernan os mesmos.

3 Gallego

Preparada, con buena imagen y experiencia. Evidentemente no es del BNG, y muy de izquierdas tampoco

1 Marga

Qué machirulo! Ti espera a que Angelina Jolie se afilie á UPG! (Nunca se sabe)

2 Gallego

Si Angelina Jolie ve los caretos de la UPG se tira por la ventana