Abre o centro de recría da Deputación de Lugo coas primeiras novelas de 30 gandeiros

Darío Campos destaca que "hoxe é un día importante" para a provincia, a pesar das "trabas" da Xunta para a súa posta en marcha

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2018 | Actualizada ás 20:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O centro de recría da Deputación de Lugo de Granxa Gayoso Castro abriu este martes en Castro de Rei coas primeiras novelas de 30 gandeiros da provincia.

Centro de recría da Deputación de Lugo
Centro de recría da Deputación de Lugo | Fonte: Europa Press

Nas próximas 24 horas incorporaranse ás instalacións de Granxa Gayoso Castro un centenar de novelas. A partir de agora, todos os martes entrarán 30 novos exemplares. Os gandeiros da provincia terán prioridade no uso destas instalacións pioneiras en España.

Neste acto participou o presidente da Deputación, Darío Campos, quen destacou que "hoxe é un día moi importante" para a provincia de Lugo. "Desde o Goberno da Deputación levamos moito tempo para facer realidade este proxecto de apoio ao sector gandeiro, especialmente o lácteo", remarca.

"Tivemos que superar moitas trabas, pero fomos quen de superar todos os obstáculos e pór en funcionamento este centro de primerísimo nivel, e tan importante para os nosos gandeiros, para que estea en funcionamento", resalta Campos.

Nesta liña, subliña o investimento da Deputación de Lugo de 12 millóns de euros para a construción deste centro. "Tivemos que facelo en solitario, despois de que a Xunta, con competencias no medio rural, rexeitase colaborar, ademais de demorar dous anos a concesión da licenza de obra", lamenta.

Con este proxecto xeraranse tres millóns de euros en beneficios anuais e crearanse un mínimo de 10 empregos, ademais de manter os actuais de empresas do sector. "Iniciativas como esta fan que a Deputación sexa o motor da provincia", valora Darío Campos.

PRIMEIRO CENTRO PÚBLICO

En concreto, trátase do primeiro centro público de recría de gando de vacún de leite en España, que terá unha xestión "rigorosa" de control por parte do Executivo provincial, coa colaboración de reputados expertos da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Así, serán potenciais clientes e darase prioridade a explotacións da provincia, as máis de 2.000 granxas de vacas de leite e as 180.000 vacas censadas en Lugo.

O novo centro busca aforrar custos ao gandeiro, cun prezo de recría de 2,39 euros por día --inclúe custos de alimentación, transporte, control sanitario ou tratamentos de fertilidade, entre outros--, de forma que se reduce o custo en 300 euros por cada novela que se recríe nestas instalacións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta