Temas: PSOE PP TRAZO

Os socialistas de Trazo denuncian que o alcalde "cobrou dietas" cando estaba de vacacións

O Partido Socialista acusou ao alcalde, José Dafonte, de cobrar dietas por "supostas visitas institucionais" a Santiago de Compostela realizadas en datas nas que tiña delegadas as súas tarefas por estar de viaxe en Lourdes e no País Vasco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2018 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O Partido Socialista acusou ao alcalde de Trazo (A Coruña), José Dafonte (PP), de cobrar dietas por "supostas visitas institucionais" a Santiago de Compostela realizadas en datas nas que tiña delegadas as súas tarefas por estar de vacacións e de viaxes en Lourdes (Francia) no País Vasco.

José Dafonte, alcalde de Trazo
José Dafonte, alcalde de Trazo

Nun comunicado, os socialistas deste municipio coruñés aseguran que este é "só un dos moitos exemplos das presuntas irregularidades descubertas" despois de "analizar a documentación proporcionada polo propio Concello e que xa foron postas en "coñecemento do Valedor do Pobo e do Consello de Contas".

A portavoz socialista municipal, Beatriz Domínguez, considera que o caso de Lourdes é o "exemplo máis flagrante de que os pagos de dietas no Consistorio de Trazo se fixeron sen a súa necesaria fiscalización e sen ningún tipo de documentación acreditativa máis aló do que pon Dafonte nun papel".

Así, nunha nota de prensa sinala que, de acordo coa documentación facilitada, José Dafonte "cobrou senllas dietas por unhas supostas viaxes á Dirección Xeral de Urbanismo (o 30 de agosto de 2016) e a Augas de Galicia (o 31 de agosto de 2016) que nunca tiveron lugar".

E é que, segundo apuntou, neses días "tiña delegadas as súas funcións como alcalde por estar de vacacións, tal e como se pode comprobar no decreto publicado no Boletín Oficial da Provincia número 166 do 1 de setembro de 2016".

"É evidente que o señor Dafonte mentiu e esta vez non poderá dicir que son invencións dos socialistas para quitarlle a Alcaldía, mentira que repite nos medios de comunicación cada vez que comente unha irregularidade", denunciou.

Temas: PSOE PP TRAZO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta