Temas: TEO

Milleiros de persoas en Teo din non á planta de Toysal

A Plataforma Veciñal Casalonga Limpa de Residuos cualificou de éxito a unha marcha deste domingo en dirección ao monte Casalonga, contra a depuradora de lixos industriais que proxecta construir a empresa Toysal.

Por Galicia Confidencial | Teo | 17/06/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Plataforma Veciñal Casalonga Limpa de Residuos cualificou de éxito a marcha de veciños e veciñas contra a instalacións da planta de reciclaxe na vella canteira de Casalonga. O número de persoas que asistiron estivo entre as 2.000 e 5.000 persoas, segundo manifestaron fontes da Plataforma.

Marcha en Teo contra planta Toysal
Marcha en Teo contra planta Toysal | Fonte: PVCL

As persoas que se achegaron para mostrar o seu rexeitamento á depuradora, iniciaron un percorrido cara a carballeira de Cornide, perto da canteira, ás 11 da mañá. As persoas viñan de sete puntos diferentes; a estación de tren de Osebe, a escola de Casalonga, a capela de Ameneiro, a Carballeira do San Martiño en Francos, o parque de Texexe, a área recreativa de Mouromorto e a Carballeira de Luou. Todos estes puntos de partida confluiron na Carballeira de Cornide.

No punto de chegada leron un comunicado redactado por persoas do concello de Teo. A lectura foi a cargo dun dos membros da devandita plataforma. Entre as persoas asistentes estiveron o alcalde de Teo, Rafa Sisto e Paula Prado do Partido Popular entre outros asistentes políticos. 

Finalizada a lectura do comunicado as persoas congredadas foron camiñando ata a canteira de Casalonga. Alí corearon diferentes consignas contra a instalacións da depuradora. 

Marcha en Teo contra planta Toysal
Marcha en Teo contra planta Toysal | Fonte: PVCL

Temas: TEO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta