O escritor Alberto Ramos presenta este martes en Santiago 'A simetría das bestas'

O escritor compostelán Alberto Ramos (1986) presenta este martes, 26 de xuño, en Santiago (20,00 horas, Libraría Couceiro) a súa última obra, 'A simetría das bestas', Premio Risco de Creación Literaria.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2018 | Actualizada ás 17:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O escritor compostelán Alberto Ramos (1986) presenta este martes, 26 de xuño, en Santiago (20,00 horas, Libraría Couceiro) a súa última obra, 'A simetría das bestas', Premio Risco de Creación Literaria.

O escritor e xornalista Alberto Ramos
O escritor e xornalista Alberto Ramos | Fonte: Europa Press

Con esta obra, publicada por Urco Editora, Ramos gañou por segunda vez o galardón que concede o Concello de Ourense (xa o fixo en 2012 con 'Todos os días').

'A simetría das bestas' conta a historia de Caridad Verdet, que sofre unha enfermidade terminal. O xurado do Vicente Risco destacou da obra o seu "coidado simbolismo" e puxo en valor que outorga "un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados".

O escritor e xornalista Alberto Ramos cultivou diversos premios na súa traxectoria literaria como o Biblos e o García Barros coas obras 'Dor pantasma' e 'Máscaras rotas para Sebastian Nell'.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta