A comisaria de Política Rexional visitará Galicia a finais de ano

A comisaria europea de Política Rexional, Corina Cretu, prevé visitar Galicia a finais deste ano, en torno ao mes de decembro, segundo informou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, despois de manter unha reunión con ela en Bruxelas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2018 | Actualizada ás 15:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A comisaria europea de Política Rexional, Corina Cretu, prevé visitar Galicia a finais deste ano, en torno ao mes de decembro, segundo informou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, despois de manter unha reunión con ela en Bruxelas.

Fwd: Foto Gc Ue
Fwd: Foto Gc Ue | Fonte: Europa Press

Caballero, que iniciou este luns unha axenda de reunións con autoridades comunitarias, destacou a importancia de que haxa "traballo desde Galicia" para que o aumento previsto de fondos para cohesión (España percibirá un 5% máis, aproximadamente) teña "tamén un resultado positivo" para a economía galega.

Neste sentido, constatou que a proposta que manexa Europa non inclúe criterios como o do envellecemento poboacional ou o despoboamento, algo que os socialistas galegos reclaman e para o que instan o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que poña "todo o esforzo", xa que ven que "non existe" na política europea.

(Haberá ampliación)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta