Xornal confirma a marcha de Gómez adiantada por GC

O director caeu polas presións de Rajoy malia que a Constructora San José presenta o relevo como produto dun "mutuo acordo". Maria Val, até hoxe subdirectora, asume o cargo en funcións.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/04/2011 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A construtora San José confirmou hoxe nas páxinas de Xornal de Galicia o relevo de José Luís Gómez como director, noticia adiantada o venres a primeira hora da tarde neste diario electrónico.

Segundo as fontes consultadas por GC, foi o propio Mariano Rajoy quen desencadeou a caída do xornalista. O líder do PP chamou ao construtor para protestar pola publicación dunha foto súa nun barco dunha familia de históricos do narcotráfico en Cambados, publicada por Xornal. Máis detalles aquí.

Na súa nota, Xornal tenta que a marcha de Gómez non se perciba como un conflito por mor das presións do PP:

"José Luis Gómez, de mutuo acordo coa empresa editora de Xornal de Galicia e Xornal.com, deu por finalizada no día de onte a súa etapa como director de ámbalas dúas publicacións. Gómez veu desempeñando con marcada profesionalidade a labor directora, dende o inicio das dúas publicacións". A editora gaba ao Gómez, a quen cualifica de "periodista de raza e prestixio". Gómez posúe gran parte das accións da empresa, a que seguirá vinculado.

Mostra de que o relevo se debe a unha decisión non prevista é que Xornal nomeu a subdirectora María Martínez Val "directora en funcións". É dicir, non había ningún substituto previsto para Gómez.

None

A Wikipedia recolle que María Martínez Val comezou a traballar no xornal El Ideal Gallego (1991), para pasar rapidamente a Galicia Hoxe e a El Correo Gallego. Accedeu posteriormente, a comezos da década de 2000 ao grupo Voz, onde foi directora de comunicación do grupo e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. En 2008 foi fichada como subdirectora de Xornal de Galicia polo seu promotor José Luis Gómez, cando a fundación do medio tras lograr o financiamento de San José.

Con todo,  máis alá de quen asume definitivamente o cargo, o que que máis preocupa aos traballadores é até que punto o construtor Jacinto Rey está disposto a seguir investindo nos medios.

Construtora San José suma ao fracaso do seu desembarco en A Nosa Terra, hoxe en concurso de acredores, un conflito que pode prexudicar a imaxe da cabeceira ante moitos lectores, pois Gómez tentou posicionar a Xornal como alternativa progresista e galeguista á prensa tradicional e agora o director cae, polo menos en boa medida, polas presións do líder do PP.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

21 Gamela

Será tempo de lembrar que estas maniobras xa comezaron fai tempo? Será momento de preguntarnos por que aínda ninguén explicou a morte de VIEIROS? Será o momento de dar un paso ao frente da Liberdade de Información i Expresión en Galicia da man de GC ? Será todo unha triste cerimonia da confusión para que as cousas sigan coma sempre? Moitas preguntas e poucas respostas pero se seguimos a debullar o fío informativo seguramente chegaremos ao GaliciaGate que se iniciou coa sucesión de Fraga; nos tempos do bipartito e seu complemento de altos cargos e as súas subvencións aos medios de INcomunicación e tantas e tantas cousas das que aínda ninguén falou ALTO E CLARO nesta Terra. Veremos se imos deixar morrer a LIBERADE DE EXPRESIÓN en Galicia ou aínda temos un chisco de DIGNIDADE para defender a esta Terra dos especuladores! http://www.vieiros.com/open/amosar/...

20 Aslan

Vaia broma esto da "prensa independente"!!! Vexo que ainda queda moita xente que cree que os paxaros maman! Si es de los nuestros, enton é independente, pero si é dos outros , entón xa non ó é. Aqúí o único independente que queda é o capital financieiro que fai o que lle da a gana. O resto forma parte da escenografía literaria tan necesaria para que o espectáculo da democracia siga vendendo entradas. Teremos que resucitar a Gaceta Renana!

19 rosebud

Eu creo que o problema de Xosé Luis Gómez vai máis polo tratamento informativo progresista PSOE/BNG ou BNG/PSOE que polo apuntado por GC que pode ser simplemente unha intoxicación interesada e interesante contra a dereita galega e Rajoy en particular. Súmenlle a iso a información delicada sobre NCG, lembremos que un dos vicepresidentes da nova caixa é o presidente de Xornal de Galicia. Desgrazadamente para os pepeiros XdG segue porque é un medio necesario; e desgrazadamente non está controlado polo PP. Algo inaudito na prensa galega que se poidesen destruirían. XdG para min é o peor medio de comunicación de Galicia coa excepción de todos os demáis. Non o controla o PP e é progresista e galeguista e por iso o merco, para que siga a existir. A pluralidade de Galicia resintiríase sen este medio. É así de triste, en Galicia no quiosco hai dous xornais, XdG e tódolos demáis. Non é moi bó, pero é o que teño, que diría o meu avó.

1 Gamela

Seguramente os teus comentarios en Xornal de Galicia serán moderados e adictos ao réxime iniciado polo bipartito (Psoe-Bng) cando as cabeceiras galegas comezaron a ter "máis dun dono" (PP sempre foi dono de case todo!). Pero os que CENSURAMOS as actuacións de Touriño e Patxi Váquez, Quintana e Aymerich non tivemos tanta sorte como tí dís. E para mín XdG deixou de ser "progresista e galeguista" en canto tivo un dono que decidiu o que ía facer con esa ferramenta mediática: JACINTO REY ! Pero seguramente todo iso o veremos dentro duns días cando a campaña electoral lance as primeiras CARGAS DE PROFUNDIDADE... O Grupo San José MERCA GALICIA BARATO BARATO... e senon ao tempo... De progresista nin un pelo !

2 undelestedo

se cadra tes razón!! os únicos progresistas puros e coherentes sodes os de galicianosevende!!!!....onde estades agora??

18 rosebud

- Se Xornal non o lé ninguén, porqué o "futuro presidente de España" se preocupa dunha nova que apareza nese medio?. - Se é certo que a cambio da demisión do director de XdG, Jacinto Rey faille un favor a Rajoy, entón XdG é unha das empresas máis importantes dentro do grupo San José porque é unha ferramenta básica para futuras "negociacións". Non vos parece?. - Porqué se XdG non importa calquera nova sobre el importa tanto?. - Porqué XdG é o segundo en Galicia en amigos en Facebook?. - Porqué os gabinetes de comunicación da Xunta fan amplos dossieres sobre todo o que publica XdG?. - Porqué XdG ten máis relevancia pública que El ideal Gallego, Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Atlántico Diario, Diario de Pontevedra, La Opinión, Galicia Hoxe... e fai tumbar directores xerais e abolir contratacións millonarias de goletas?...

1 Aurelio

Opino exactamente igual. No quiosco do hospital esgótase sempre. E a dona do quiosco coloca o feixe de Xornal pola cima de outras cabeceiras, ao carón de El País. Se non lle saira...metíao no fondo.

2 Xan d¨Outeiro

Xornal estábase a facer cunha importante cota de poder informativo. Iso sabeo calquera que non teña arañeiras políticas. Jacinto Rey e X.L. Gómez non tiñan os mesmos intereses. Un busca estar no BOE e no DOGA o outro nos foros de debate. Quen gaña nesta loita desigual? O resultado era esperado. Só podemos falar de prensa libre de hipotecas se somos nós os lectores quen as pagamos. Estamos dispostos? Pois adiante. ¡¡Ollo!! Son nacionalista pero non teño partido; así estamos moitos.

17 Pijus magnficus

teneis muxa imaginación. si el xornal se vendiese fijo q no lo exaban, pero es una ruina