Por CGENDL (http://www.coordinadoraendl.org) | GC ABERTO | 04/04/2011
Os galegofalantes teñen que escoitar habitualmente preguntas deste tipo, preguntas que revelan os prexuízos lingüísticos que aínda perviven, e mesmo se reforzan e “actualizan”, na nosa sociedade. Mudar as imaxes negativas que existen sobre a nosa lingua é algo clave para avanzar na súa normalización.Por todo isto, dende a Coordinadora Galega de ENDL abrimos un espazo na rede para lle dar forma a unha iniciativa de longo alcance temporal que agardamos encher co contributo de todas e todos:
http://www.coordinadoraendl.org/prexuizos/index.php
Polo de agora, compilamos algúns recursos e experiencias arredor desta temática, materiais que irán aumentando na medida en que nos fagan chegar os/as docentes e a sociedade en xeral. Neste primeiro momento lanzamos unha campaña para provocar a reflexión sobre un dos prexuízos máis presentes cara á nosa lingua, o que se recolle no adhesivo que elaborou o debuxante Fran Bueno.
Moitos dos prexuízos contra a nosa lingua levan décadas, algúns incluso séculos, presentes na nosa sociedade, aínda que nos últimos anos se viron reforzados e incluso apareceron algúns novos. Teñen como obxectivo que os galegos nos sintamos acomplexados por termos lingua propia e que deixemos de usala. Son, en definitiva, mecanismos de dominación e marxinación coma os que se usan tantas e tantas veces, por desgraza, con mulleres, persoas de raza negra, homosexuais, inmigrantes etc.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.