Marineda City, para clientes que falen español

A plataforma Prolingua denuncia a campaña de lanzamento do centro comercial que se abrirá preto de A Coruña por usar unicamente o castelán nas súas campañas de publicidade en medios galegos.

Por Alberto Quian | A Coruña | 05/04/2011 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Marineda City, anunciado como o complexo comercial e de lecer máis grande de España e terceiro de Europa, abrirá as súas portas o próximo 14 de abril. E farao ignorando aos galegofalantes, aos que esqueceron os responsables da campaña publicitaria deste faraónico proxecto.

Dende hai uns días xa se poden ver os anuncios de Marineda City tanto en TVG como na canle de Youtube do complexo comercial, pero unicamente en castelán. A páxina web tampouco ten a opción de navegación en galego.

None

A campaña, ademais, hiperboliza un suposto “complexo comercial” de Galicia cunha mensaxe equívoca. "¿De qué presume Galicia?", pregúntase. "De tener complejo, el mayor complejo comercial de España", é a resposta ambigua que dá a actriz viguesa María Castro, un dos rostros famosos desta campaña. Finalmente, en pantalla podemos ver a seguinte lema: “Galicia entera presume de Marineda City”. Nada máis lonxe da realidade. A plataforma Prolingua denunciou na súa páxina web esta campaña polo seu “total desprezo á nosa lingua do que fan gala, tamén no sitio web, dispoñible en (deficiente) castelán e que ofrece un PDF informativo en inglés, mais nada, absolutamente nada, no idioma propio do país”.

 

"Ofrézome como asesor"

Xabier Cordal, membro de Prolingua, tomou a iniciativa e enviou aos responsables de Marineda City a seguinte carta:

Ofrézome como asesor publicitario e dígolles a vostedes, de maneira totalmente gratuíta, que a campaña de lanzamento do seu centro comercial se dirixe a unha Galicia que non existe. Ninguén discute que haxa centos de miles de persoas que falan habitualmente en castelán no noso país; o que parece incrible é que ignoren vostedes que máis do 50% da poboación se expresa en galego. E como demostran as campañas doutras empresas con menos prexuízos ca esta (vid. "R"), o uso do noso idioma na publicidade é un elemento de prestixio e de interese para o público. Co uso exclusivo do castelán, incluso na TVG!!, parecen insinuar vostedes que non lles interesa o cliente potencial máis numeroso, o que usa o galego -por fortuna, cada vez con menos complexo; incluso cando o usa pouco e, en moitas ocasións, tamén orgulloso del mesmo cando non o usa-. Se pensan que a imaxe de modernidade e a lingua deste país son incompatibles, máis ca unha boa estratexia de publicidade precisan terapia nun centro de ensino medio. Pode que estes detalles e estas reivindicacións lles parezan irrelevantes. Pero eu, como coruñés, farei o posible por que a miña familia, que son uns cantos membros, non pisen o centro comercial mentres non mostre respecto por TODA a clientela e non unicamente por aquela que, con criterio cosmopailán, parecen asociar vostedes aos "grandes" (?) números. Están a tempo de rectificar. Se non o fan algúns seguiremos indo ao pequeno comercio, tan necesitado de apoio, e garántolles que faremos o que estea na nosa man por espallar este desprezo persoal e colectivo. Cando digo "faremos" se cadra pensen que somos catro. Continúan calculando mal. Que teñan un bo día”.

Prolingua convida aos galegos a contactar con Marineda City a través deste formulario ou ben directamente no correo electrónico comunicacion@marinedacity.es.

Antes de abrir as súas portas, Marineda City xa corre o risco de perder clientes potenciais por ignorar a lingua galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

54 Manoliño

ZZZZZzzzzzz ZZZZZZzZZZZZZ me abuuuuuuuuuuurroooooooooo, os fíos de agora e os delirios sobre como chegar ao socialismo aburren ás ovellas

53 Manoliño

ZZZZZzzzzzz ZZZZZZzZZZZZZ me abuuuuuuuuuuurroooooooooo

52 Manoliño

zzzzZZZZZZzzzzzz ZZZZZZZZzzzzzzzzz, me abuuuuuuuuuurro

51 Manoliño

O que di Paco Vázquez é o que hoxe é noticia ¿tampouco o ides tocar? Como sae na Voz... «El PSOE ha tenido una deriva hacia un partido de corte radical»

1 Lucense

É que Paco Vázquez onde tem que estar é com a Falange ou UPyD. O centralismo jacobinita do PSOE fica-lhe demasiado à esquerda.

50 Manoliño

zzzZZZZZZzzzzzzzz ZZZZZZZZZZZzzzzzzzzzz me aburroooooooooooo :D