Marineda City, para clientes que falen español

A plataforma Prolingua denuncia a campaña de lanzamento do centro comercial que se abrirá preto de A Coruña por usar unicamente o castelán nas súas campañas de publicidade en medios galegos.

Por Alberto Quian | A Coruña | 05/04/2011 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Marineda City, anunciado como o complexo comercial e de lecer máis grande de España e terceiro de Europa, abrirá as súas portas o próximo 14 de abril. E farao ignorando aos galegofalantes, aos que esqueceron os responsables da campaña publicitaria deste faraónico proxecto.

Dende hai uns días xa se poden ver os anuncios de Marineda City tanto en TVG como na canle de Youtube do complexo comercial, pero unicamente en castelán. A páxina web tampouco ten a opción de navegación en galego.

None

A campaña, ademais, hiperboliza un suposto “complexo comercial” de Galicia cunha mensaxe equívoca. "¿De qué presume Galicia?", pregúntase. "De tener complejo, el mayor complejo comercial de España", é a resposta ambigua que dá a actriz viguesa María Castro, un dos rostros famosos desta campaña. Finalmente, en pantalla podemos ver a seguinte lema: “Galicia entera presume de Marineda City”. Nada máis lonxe da realidade. A plataforma Prolingua denunciou na súa páxina web esta campaña polo seu “total desprezo á nosa lingua do que fan gala, tamén no sitio web, dispoñible en (deficiente) castelán e que ofrece un PDF informativo en inglés, mais nada, absolutamente nada, no idioma propio do país”.

 

"Ofrézome como asesor"

Xabier Cordal, membro de Prolingua, tomou a iniciativa e enviou aos responsables de Marineda City a seguinte carta:

Ofrézome como asesor publicitario e dígolles a vostedes, de maneira totalmente gratuíta, que a campaña de lanzamento do seu centro comercial se dirixe a unha Galicia que non existe. Ninguén discute que haxa centos de miles de persoas que falan habitualmente en castelán no noso país; o que parece incrible é que ignoren vostedes que máis do 50% da poboación se expresa en galego. E como demostran as campañas doutras empresas con menos prexuízos ca esta (vid. "R"), o uso do noso idioma na publicidade é un elemento de prestixio e de interese para o público. Co uso exclusivo do castelán, incluso na TVG!!, parecen insinuar vostedes que non lles interesa o cliente potencial máis numeroso, o que usa o galego -por fortuna, cada vez con menos complexo; incluso cando o usa pouco e, en moitas ocasións, tamén orgulloso del mesmo cando non o usa-. Se pensan que a imaxe de modernidade e a lingua deste país son incompatibles, máis ca unha boa estratexia de publicidade precisan terapia nun centro de ensino medio. Pode que estes detalles e estas reivindicacións lles parezan irrelevantes. Pero eu, como coruñés, farei o posible por que a miña familia, que son uns cantos membros, non pisen o centro comercial mentres non mostre respecto por TODA a clientela e non unicamente por aquela que, con criterio cosmopailán, parecen asociar vostedes aos "grandes" (?) números. Están a tempo de rectificar. Se non o fan algúns seguiremos indo ao pequeno comercio, tan necesitado de apoio, e garántolles que faremos o que estea na nosa man por espallar este desprezo persoal e colectivo. Cando digo "faremos" se cadra pensen que somos catro. Continúan calculando mal. Que teñan un bo día”.

Prolingua convida aos galegos a contactar con Marineda City a través deste formulario ou ben directamente no correo electrónico comunicacion@marinedacity.es.

Antes de abrir as súas portas, Marineda City xa corre o risco de perder clientes potenciais por ignorar a lingua galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

44 Ruxe-ruxe

Pero que pesados... los nacionalistas, finalmente acabareis con la pluralidad. Es una empresa privada, es la paga la publicidad y que lo haga en la lengua que le de la gana. Yo incluso apostaría por el inglés, mejor nos iria. Estos localismos baratos son los que no llevan a ser uno de las comunidades más deprimidas de España.

1 Rayleigh

Claro, claro..Euskadi e Catalunya están deprimidísimas por falar euskera e catalán e amosarse orgullosas delo...En canto o de que é unha empresa privada, iso depende, non homiño? Se estivera todo en galego, xa veríamos o que diríades...Anda que non vin exemplos da doble moral de algúns neste caso.

2 suevia

E que o problema é que non existe a pluralidade, idioma hexemónico o castelán e o galego pódese ocultar e pisotear e con iso os dereitos dos galegofalantes... se estivese todo en galego sería imposición, e se o galego tenta ocupar uns mínimos espazos na sociedade GALEGA xa din "que pesados"...claro, defender e promover os sinais identificativos de cada lugar leva á pobreza... mirade senón os pobriños de bascos e cataláns..

3 Lucense

Ruxe-ruxe: perfeito exemplo do cosmopaletismo monolingüista castelhano.

43 CranioF

A verdade é que os que piden bilingüismo non reaccionan cando se dan estes casos. Sí o farían se a publicidade estivese só en castelán. As verdades hai que decilas, e o mesmo que os apoio cando piden elección de língua no ensino, doulles no lombo cando o merecen. A qué sí, Puyol e Piqué?. Parece que costa entender os meus plantexamentos, pero no fondo é moi fácil.

1 CranioF

Quixen decir "se estivese só en galego" obviamente.

2 suevia

A verdade é que a calquera persoa minimamente intelixente lle custa entender o que dis porque normalmente non sabes a cantas andas...supostamente defendes o galego nuns casos e noutros baixas os pantalóns e dis que chove cando mexan por nós... e refírome a moitos comentarios que che teño escoitado...

3 CranioF

Defender a liberdade de elección non é baixar os pantalóns, non sei porqué costa tanto entendelo. Pero noutras pataletas deles, xa dixen que non estou de acordo.

42 Benxamín Riobó Sanluís

Recomendo que vexades os programas de lingua na empresa e no comercio de www.linguagalega.tv

41 Santiño

Mentras algúsn perden o tempo discutindo cos galegófobos, outros xa fixemos o que temos que facer. Acabo de enviar as miñas queixas a esta deplorable empresa. Facede o mesmo, protestade. Eu mandeille a carta de Cordal. comunicacion@marinedacity.es

1 Manoliño

Están tremendo, como tremeu La Voz co boicoz, que disque case que pecha con el XD O que mais treme é o prestixio social do galego con estes follóns do comunismo nos que o galego é unha mera disculpa para amosar a súa radicalidade.

2 xustiza

estou contigo, os que comentan aqui son os que aprobeitan unha concentracion para queimar contenedores e romper farois.

3 Porco Jones

Manola, ¿como é posible que un feixista declarado ande chamando radicais a uns demócratas? Pois porque que ademaís de feixista es un mentireiro e un parvo, que son tres cousas que adoitan ir xuntas.

4 Rayleigh

Xustiza..En que te baseas?? Ou es o novo falabarato que anda por aquí insatisfeito coa súa vida e que se sinte máis macho poñendo tontadas? Dubido que coñezas a alguén de por aquí. Pobre home.

5 Son mais falsos que as arañas

¿Por coJones, e ti con ese nick te permites dar leccións de moderación? Que se saiba, Manoliño non pretende sustituir á democracia burguesa. Vós sí que quereríades meternos nunha ditadura do proletariado, nunha democracia "popular" ¿Sodes todos de letras? As cousas de Por coJones/Rayleigh.

6 Manoliño

Por coJones, que ghuevos lle botas. Menos mal que a estas alturas todo o mundo sabe que para ti os únicos que non son fascistas sodes ti e mais o teu can. Eu acepto a CE, e valéme perfectamente, tamén o estatuto, e a súa modificación se se fai polos mecanismo previstos neses textos; váleme tamén a democracia "burguesa" que temos. E por suposto que son un demócrata, pero dos que están cómodos cunha democracia burguesa, non coa "popular"; acepto a exclusividade do Estado no que ao emprego exclusivo da violencia se refire, etc. ¿Podes dicir ti o mesmo? Unha cousa é que me resulte mais o menos sinxelo derrubar os mitos e inventos da historia nacionalista ou da memoria histórica, e outra as películas que che interesa montar a ti.

7 Rayleigh

Demócrata ti, manoliño?? jajajajaja. O que xustifica a "eliminación" de persoas e lanza vivas a unha organización feixista..demócrata? Estás de coña, non? Ti non derrubas nada. Ti xustificas dictaduras que non é o mesmo. Non acepto a exclusividade da violencia por parte do estado de ningunha maneira. Nin do estado ninde ningures...E se o estado considera que ti eres perigoso, e que hai que tomar medidas contra ti..seguirías aceptándoo?? Total, é o estado. Vas de listo e de demócrata e so fai falla que poñas os dedos no teclado para que se vexa de que pasta eres. Por moito que te revente, manoliño o máis parecido a democracia "popular" que tivemos neste país, foron a dos teus amigos, manoliño.

40 Manolo2

Pues si. María Castro está muy guapa falando en castelán. La próxima vez que vaya hasta La Coruña paso por ahí a comprar algún libro de los los colaboradores de Intereconomía, o del gran Pio Moa mejor. La verdad es que seguro que alguno echa de menos que no hayan contratado a Callón y sus cuates - no se a que esperan para protestar por esta tremenda agresión a Galiza - cotizando la subvención correspondiente. Pero claro, los promotores del centro comercial son inteligentes y no quieren perder dinero.

1 ANTON

Iso, iso, que merqes moitos, xa veremos si chegades a fin de mes, ti mais os Citys. Moito vas a ter que currar para telo aberto.

2 suevia

Antón, non perdades o tempo respostando aos Manolos, eles nunca verán mais aló da súa ideoloxía cosmopaleta lacuruñesa...

3 xustiza

o marineda vai cerrar como cerrou o cuatro caminos o elcorte ingles o dolce vita, estes todos foron victimas dos galeguistas que os seus ficticios cartosnon os gastaron ahí... que pena de futuronos espera con estes galegistas, menos mal que sacmos o bloque da xunta

4 Rayleigh

Pio Moa...manolos, ese non era terrorista do grapo? Vaites que lecturas máis interesantes tes. Un fanático que cambiou o obxecto do seu fanatismo. O mesmo can con distinta corda. Vaiche que nin pintado. En canto o de Marineda, pois mira, canto máis grande, máis ten que vender. Necesita que pasen (e consuman) varios millóns de persoas ó ano. E a pregunta é: Ten Coruña ese volumen de persoas con tantos centros comerciais? Verémolo ó longo do tempo. E non os primeiros meses que coa apertura todo o mundo quererá pasar por alí.