Marineda City, para clientes que falen español

A plataforma Prolingua denuncia a campaña de lanzamento do centro comercial que se abrirá preto de A Coruña por usar unicamente o castelán nas súas campañas de publicidade en medios galegos.

Por Alberto Quian | A Coruña | 05/04/2011 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Marineda City, anunciado como o complexo comercial e de lecer máis grande de España e terceiro de Europa, abrirá as súas portas o próximo 14 de abril. E farao ignorando aos galegofalantes, aos que esqueceron os responsables da campaña publicitaria deste faraónico proxecto.

Dende hai uns días xa se poden ver os anuncios de Marineda City tanto en TVG como na canle de Youtube do complexo comercial, pero unicamente en castelán. A páxina web tampouco ten a opción de navegación en galego.

None

A campaña, ademais, hiperboliza un suposto “complexo comercial” de Galicia cunha mensaxe equívoca. "¿De qué presume Galicia?", pregúntase. "De tener complejo, el mayor complejo comercial de España", é a resposta ambigua que dá a actriz viguesa María Castro, un dos rostros famosos desta campaña. Finalmente, en pantalla podemos ver a seguinte lema: “Galicia entera presume de Marineda City”. Nada máis lonxe da realidade. A plataforma Prolingua denunciou na súa páxina web esta campaña polo seu “total desprezo á nosa lingua do que fan gala, tamén no sitio web, dispoñible en (deficiente) castelán e que ofrece un PDF informativo en inglés, mais nada, absolutamente nada, no idioma propio do país”.

 

"Ofrézome como asesor"

Xabier Cordal, membro de Prolingua, tomou a iniciativa e enviou aos responsables de Marineda City a seguinte carta:

Ofrézome como asesor publicitario e dígolles a vostedes, de maneira totalmente gratuíta, que a campaña de lanzamento do seu centro comercial se dirixe a unha Galicia que non existe. Ninguén discute que haxa centos de miles de persoas que falan habitualmente en castelán no noso país; o que parece incrible é que ignoren vostedes que máis do 50% da poboación se expresa en galego. E como demostran as campañas doutras empresas con menos prexuízos ca esta (vid. "R"), o uso do noso idioma na publicidade é un elemento de prestixio e de interese para o público. Co uso exclusivo do castelán, incluso na TVG!!, parecen insinuar vostedes que non lles interesa o cliente potencial máis numeroso, o que usa o galego -por fortuna, cada vez con menos complexo; incluso cando o usa pouco e, en moitas ocasións, tamén orgulloso del mesmo cando non o usa-. Se pensan que a imaxe de modernidade e a lingua deste país son incompatibles, máis ca unha boa estratexia de publicidade precisan terapia nun centro de ensino medio. Pode que estes detalles e estas reivindicacións lles parezan irrelevantes. Pero eu, como coruñés, farei o posible por que a miña familia, que son uns cantos membros, non pisen o centro comercial mentres non mostre respecto por TODA a clientela e non unicamente por aquela que, con criterio cosmopailán, parecen asociar vostedes aos "grandes" (?) números. Están a tempo de rectificar. Se non o fan algúns seguiremos indo ao pequeno comercio, tan necesitado de apoio, e garántolles que faremos o que estea na nosa man por espallar este desprezo persoal e colectivo. Cando digo "faremos" se cadra pensen que somos catro. Continúan calculando mal. Que teñan un bo día”.

Prolingua convida aos galegos a contactar con Marineda City a través deste formulario ou ben directamente no correo electrónico comunicacion@marinedacity.es.

Antes de abrir as súas portas, Marineda City xa corre o risco de perder clientes potenciais por ignorar a lingua galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

24 CARALLAS

Esta ben esto de prolingua. Despois de tantos seculos, penso que va sendo hora de pagar do mesmo xeito. DESPERTA DO TEU SONO FOGAR DE BREOGAN

23 John

MARINEDA CITY = GRAN FIASCO Primeiro foron Los Rosales, despois El Puerto, despois Dolce Vita, despois Espacio Coruña, e agora Marineda City, seguide fagocitándovos, xa veremos como ao final ides non só acabar co pequeno empresariado, senón incluso con vós mesmos. Xa veremos canto dura Marineda City desgraciadamente, e todo por unha ansia de comer ao do lado en fin.

22 filantrópico

O deste confidencial xa é de traca,construen un megacentro comercial que vai dar miles de postos de traballo e por eiquí falando de non sei que ou non sei canto de si 'falan galego ou non',ver pra creer. Xa vai sendo hora que quitedes a boina.

1 ANCHON

Gustanos a boina, e non queremos Gallegiñadas por aqui. A rañala BIFIDO

2 Caramuxo

E moi sinselo, o que ten que facer e a publicidade en Galego, e si non hay Galego, non hay traballo. Si queires vivir so en Castelan, ai tes a Castela, podes ir Valladolid, e atiborraste de Castelan todo o que queiras.

3 Andromenas

Gustanos ser como somos, non queremos ser Cosmopaletos. De calquer xeito pareceme ben que fagan Macromounstros, para que os cosmopaletos esteces todos xuntiños. Agora, a vindeira vez, cando fagas calculos de Mercadotecnia, conta con uns centos de milleiros menos, e ao mellos sales as contas, porque os da boina, non temos a obligazon de mercar Castellanadas.

4 Xan

Claro filantropico. O que tes que facer e traer autobuses de Zamora, Leon mais Valladolid, para que viñan a mercar ao Bifido City. Por certo, coñozo varios persoeiros de Galicia Bilingue, que ten tendas na "City"

5 Outro mais

Mira que practico e o Galego, como ti o empregas para facer proselitismo, das tuas ideas Bifidas.

6 Manolo2

filántrópico. Es que aquí, virtudes aparte, son un poco bloqueiros. Y claro, se ve la paja en el ojo ajeno

7 xabier

Xerar postos de traballo, e tí sabes cantos se perden do pequeno comercio local? non creo que se iguale, e digoo por experienza, e ademais moitos deses postos sonche precarios ou sexa temporais cobrando unha merda, xa vexo que gran negocio...

8 Zalocas

filantrópico: vai raña-lo carallo! Por certo, a "boina" é identidade e ti, ti es un vendido sen ela!

9 Caramuxo

Cada posto de traballo que crea unha superficie Comercial, (El Corte Ingles, City, Carrefures, Alcampos e demais, botanse abaixo 4 na pequena empresa. Ademais os pequenos empresarios non ten amos a quen lamber o cú, por iso, a necesidade que ten de poñer macromounstruos bifidos, para que todos lambamos o cú as multinacionais Mesetarias.

10 filantrópico

A ver ho!Deixa de usar multinicks rapaz e quita a boina,ponte a traballar,Galicia cho agradecera.

11 Senen

Postos de traballo que se crean a costa de pechar o pequeno comercio... un gran negocio, si señor...

12 Compostelanaa

Non é tan tremendo o que dí filantrópico e non lle falta parte de razón, realmente todos sabemos como funcionan estas cousas, non lle podes exisir eso a estas macroempresas que pasan de todo tipo de valores sociais e máis lingüisticos, eu xa teño manifestado moitas veces que hai problemas máis graves que o feito de que "el corte" ao que irán centos de coruñeses non galegofalantes non use o galego. En calquera caso, tamén opino que deberían ser máis sensibles o galego, custarialles pouco e ganarían "afectos".

13 Compostelanaa

Ah esqueciame... o papel dos empresarios é importante pero eu inda sigo esperando que algún día no corte algunha das caixeiras me responda en galego cando lle falo nel, a sensibilidade temos que tela todos....eu no me traballo debo adaptarme á lingua de quen teño diante... un bó traballador debería ter eso en conta.

14 Adolfo Bermúdez

E logo? Os grandes centros comerciais non son compatibles co galego? Terías que visitar Cataluña e verías que nos centros tecnolóxicos punteiros (xa non digo centros comerciais) empregan moito máis o catalán que aquí o galego. E por certo, eles non se quitaron a barretina nen teñen a mínima intención de facelo. O que non queren é que lle chanten un gorro cordobés na cabeza, e olé.

15 Compostelanaa

Vamos a ver Adolfo, o caso catalán é exactamente o contrario ó de aquí pero tampouco comparto certas políticas lingüisticas extremistas, en calquera caso...castelán=folclore español paréceme inxusto, o castelán tamén é a lingua nai de moito galegos queramos ou non e o seu uso non debe pretender excluírse taxativamente de Galiza, ou queremos volvernos tan sectarios como os que desprezan o galego?

16 CHEGAMOS

Pois esa pregunta, levome facendo moito tempo, e canto mais preguntome, mais dou a razon a Castelan e Catalans. Levan con o conto dos nacionalistas, os Catalans e demais, e sempre din que tes que ser boiño, moi educado, o caso que nunca son os Castelans os educadoS, e ten non sei que problema na xenetica, que impide entender outras linguas. OS TEMPOS SON CHEGADOS.

17 Adolfo Bermúdez

Vexamos Compostelana, estamos dacordo en que os extremos son perigosos e precisamnete por iso paréceme moi mellorable a campaña de comunicación de Marineda onde non se emprega o galego agás nunha expresión cuase-folklórica de manquiña onde di "comercios a esgalla" ou algo así. O caso catalán da moito que pensar, e o vasco aínda máiss. O realmente extremista é ter ó galego como algo "tradicional" e non intentar poñelo en valor en todos os ámbitos da vida, centros comerciais incluido. Sí, estamos dacordo en qu enon queremos radicalismos de nengún tipo porque o castelán aproxímanos ó mundo hispanohablante pero orgullo do noso hai que telo tamén. O que dixen dos sembreiros ía vencellado ó que se dixo noutra mensaxe de quitarse a boina, evidentemente o meu obxectivo non é despectivo nin moito menos. Saudos.

21 Teresa

Se vos molestaredes en coñecer Invest Cos, saberiades que non haberia galego por ningures. Que no antes chamado Marineda Plaza, e hoxe Marineda City, haxa ou non galego vai depender de nós. Sodes moitos os que mudades de lingua cando vos falan en castelán, ou deixades de mercar nunha tenda onde non vos atenden en galego? Lembrade que o camiño faise andando!

1 xogava

Por suposto que deixo de mercar cando non me respetan, e sei moi ben diferenciar cando é por capricho, chuleria ou ignoráncia.

20 Xalón

Xa poden contar cun cliente menos (con familia, amigos e coñecidos) e penso facerlles unha contundente queixa, privada e pública. Por certo, que noxiño dan ises galegos vendidos ó imperio. Acomplexados!