Marineda City, para clientes que falen español

A plataforma Prolingua denuncia a campaña de lanzamento do centro comercial que se abrirá preto de A Coruña por usar unicamente o castelán nas súas campañas de publicidade en medios galegos.

Por Alberto Quian | A Coruña | 05/04/2011 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Marineda City, anunciado como o complexo comercial e de lecer máis grande de España e terceiro de Europa, abrirá as súas portas o próximo 14 de abril. E farao ignorando aos galegofalantes, aos que esqueceron os responsables da campaña publicitaria deste faraónico proxecto.

Dende hai uns días xa se poden ver os anuncios de Marineda City tanto en TVG como na canle de Youtube do complexo comercial, pero unicamente en castelán. A páxina web tampouco ten a opción de navegación en galego.

None

A campaña, ademais, hiperboliza un suposto “complexo comercial” de Galicia cunha mensaxe equívoca. "¿De qué presume Galicia?", pregúntase. "De tener complejo, el mayor complejo comercial de España", é a resposta ambigua que dá a actriz viguesa María Castro, un dos rostros famosos desta campaña. Finalmente, en pantalla podemos ver a seguinte lema: “Galicia entera presume de Marineda City”. Nada máis lonxe da realidade. A plataforma Prolingua denunciou na súa páxina web esta campaña polo seu “total desprezo á nosa lingua do que fan gala, tamén no sitio web, dispoñible en (deficiente) castelán e que ofrece un PDF informativo en inglés, mais nada, absolutamente nada, no idioma propio do país”.

 

"Ofrézome como asesor"

Xabier Cordal, membro de Prolingua, tomou a iniciativa e enviou aos responsables de Marineda City a seguinte carta:

Ofrézome como asesor publicitario e dígolles a vostedes, de maneira totalmente gratuíta, que a campaña de lanzamento do seu centro comercial se dirixe a unha Galicia que non existe. Ninguén discute que haxa centos de miles de persoas que falan habitualmente en castelán no noso país; o que parece incrible é que ignoren vostedes que máis do 50% da poboación se expresa en galego. E como demostran as campañas doutras empresas con menos prexuízos ca esta (vid. "R"), o uso do noso idioma na publicidade é un elemento de prestixio e de interese para o público. Co uso exclusivo do castelán, incluso na TVG!!, parecen insinuar vostedes que non lles interesa o cliente potencial máis numeroso, o que usa o galego -por fortuna, cada vez con menos complexo; incluso cando o usa pouco e, en moitas ocasións, tamén orgulloso del mesmo cando non o usa-. Se pensan que a imaxe de modernidade e a lingua deste país son incompatibles, máis ca unha boa estratexia de publicidade precisan terapia nun centro de ensino medio. Pode que estes detalles e estas reivindicacións lles parezan irrelevantes. Pero eu, como coruñés, farei o posible por que a miña familia, que son uns cantos membros, non pisen o centro comercial mentres non mostre respecto por TODA a clientela e non unicamente por aquela que, con criterio cosmopailán, parecen asociar vostedes aos "grandes" (?) números. Están a tempo de rectificar. Se non o fan algúns seguiremos indo ao pequeno comercio, tan necesitado de apoio, e garántolles que faremos o que estea na nosa man por espallar este desprezo persoal e colectivo. Cando digo "faremos" se cadra pensen que somos catro. Continúan calculando mal. Que teñan un bo día”.

Prolingua convida aos galegos a contactar con Marineda City a través deste formulario ou ben directamente no correo electrónico comunicacion@marinedacity.es.

Antes de abrir as súas portas, Marineda City xa corre o risco de perder clientes potenciais por ignorar a lingua galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

19 Manoliño

América, América... Parece que as cousas non mudaron tanto ¿Ou si? Di o coengo Silva Ferreiro en 1938: "Una gran parte de las ideas malsanas y revolucionarias, tuvieron sus más eficaces propagadores y panegiristas en los gallegos americanizados. Haber estado algún tiempo en América, fue muchas veces, título más que suficiente para que pudiese, el que lo ostentaba, sentar entre sus convecinos plaza de sabio y entendido, desarrollando -valido de ese falso prestigio que le daba siempre el traje planchado, la corbata estirada, los zapatos de charol y el adulterado castellano de que tontamente se envanecían y vanagloriaban- campañas verdaderamente demoledoras, que empezaban en el campo moral y religioso, y terminaban casi siempre en el campo social".

1 Teresa

Cóntallo a Jove, a Collazo, a Souto (a éste podes preguntarlle tamén por Tecam a ver que che conta) Eu de tí tamén falaría con Paco (aspirante a defensor del pueblo español)e, si tes sorte, pode que che conte como foi o conto dos terreos do "gran complejo comercial de Galicia". En eso non houbo ideas revolucionarias, ou sairon todas de Rubine?

2 Manoliño

¿Que problema tes con Rubine...? XD Hai cousas que non van mudar porque os nacionalistas se boten fora de cristiáns. Insisto en que estas campañas folloneras, de obligar á xente a facer o que polos motivos que foran, non quere facer, perxudican ao galego. O asocian a xente follonera. Non nos enganemos, na Coruña so falan galego os do BNG (e non todos...) e os xa vellos que viñeron á cidade nos anos 60 ou 70. A maior parte dos usuarios potenciais, de toda Galicia, len con mais facilidade en castelán, lembra que os xornáis en galego pechan. Moito drama, e moi sospeitoso que non montasen a mesma campaña con outros centros que non fixeron publicidade en galego.

3 Teresa

Manoliño, caralladas as xustas, que os cascarilleiros coñecemos ben A Coruña e os seus barrios. Tamén coñecemos que empresas comparten espazo en Rubine e quen son os seus donos. Tamén vai ser interesante o peche de Esvida. E que a cidade vai a fume de carozo rapaz, ainda que nos conten que o carozo é de fora!

18 Outro

E a María Castro, tan defensora do galego que era. Claro que se dan uns cartiños, "te hacen lo que sea contra la imposición del gallego". Que noxo de xente!

17 Nemigo

City, se chama city. Está ben ás claras que pasan do autóctono por outra banda (e seguindo na mesma) boa parte de ise centro comercial está feito por xente de fora da galiza para empresas de fora. Pois xa tes todos os bimbios

16 Uno

Hermoso anuncio. La próxima vez que pase por La Coruña seguro que voy a Marineda City. El problema del galego es que cada día está más asociado a la imposición y al BNG. Lógico que la creciente mayoría lo juzgue prescindible. Las empresas lo saben y no quieren perder dinero, ya que no debe haber subvención alguna.

1 Outro

"ya que no debe haber subvención alguna"? Será máis ben: "ya que no debe haber ninguna subvención". Aprende a falares ben o castelán, polo menos, meu amigo.

2 Uno

Lo que queria decir es que sin subvenciones para traducir al gallego está claro que la pela es la pela

3 Nina

Esas subvencións existiron hai moitos anos na época de Fraga. Non llas daban a calquera. Eran só para os amigos. Eu seino porque un coñecido meu foi preguntar por elas hai uns 10 anos e non lla deron. Por outra parte, existen moitas empresas que empregan o galego porque o apoian e sabe que a xente o apreza (R, Consum, Terras Gauda...).

4 Nina

E esas empresas non reciben ningunha subvención. A Larsa ou a Feiraco non lles dan nada por etiquetar en galego.

15 Arenga

Acho que é umha fala de respeito que qualquer comércio nom ofreça informaçom em galego na galiza, inda que como lingua principal usem o castelhano. Mas a pergunta que devemos fazer-nos é a seguinte, pq em catalunya todos estes centros usam o catalam como lingua principal e na galiza o galego é umha lingua prescindivel?