Ciudadanos esixe no Parlamento formar ao profesorado para atender ao alumnado con autismo

A voceira da formación, Olga Louzao, asegurou que a pesar da prevalencia do autismo, "nin o profesorado de primaria nin o de secundaria teñen formación específica para poder atender correctamente este alumnado".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/07/2018 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Cs rexistra no Parlamento de Galicia una proposta para que inste á Xunta á formación do profesorado de primaria e secundaria con alumnos diagnosticados con transtorno de espectro autista (TEA). A voceira de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, foi a encargada de presentar dita proposta en rexistro.

"A prevalencia actual do autismo é dunha de cada cen persoas", asegurou a formación. Isto significa que, por exemplo, nunha escola de catrocentos alumnos poden existir entre tres e catro nenos con Trastorno de Espectro Autista (TEA), "aínda que é posible que en moitos dos casos nin sequera teñan o diagnóstico correspondente e pasen desapercibidos", criticou.

A portavoz de Cidadáns en Galicia, Olga Louzao
A portavoz de Cidadáns en Galicia, Olga Louzao

Louzao sinalou no momento do rexistro que “a pesar desta prevalencia -que algúns estudos aínda elevan máis- nin o profesorado de primaria nin o de secundaria teñen formación específica para poder atender correctamente este alumnado e de aí xorde a necesidade de formación que formulamos desde Cidadáns”.

Na mesma liña, desde Ciudadanos pensan que “as actividades de lecer deberían ser para o alumnado TEA de especial importancia e por iso consideramos moi necesaria a existencia de monitores de leceres especializados”, sinalou a voceira de Cidadáns en Galicia. Igualmente, resumiu así os tres puntos da proposta rexistrada: “pedimos que se poidan ofrecer cursos presenciais de formación sobre TEA ao profesorado de primaria e de secundaria por parte da Consellería de Educación a partir do próximo curso 2018-2019. Así mesmo, pedimos dotar de monitores de tempo libre especializados en TEA aos centros que o necesiten a partir do próximo curso 2018-2019”, comentou Ola Louzao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta