Oito colexios galegos serán reformados durante o verán de 2019 para mellorar as súas instalacións

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria planea reformar oito colexios galegos a través de varias actuacións que sirvan para a rehabilitación de cubertas, fachadas, elementos da instalación eléctrica e outras obras estéticas e funcionais que melloren as infraestruturas escolares.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2018 | Actualizada ás 17:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria planea reformar oito colexios galegos a través de varias actuacións que sirvan para a rehabilitación de cubertas, fachadas, elementos da instalación eléctrica e outras obras estéticas e funcionais que melloren as infraestruturas escolares.

Reformas de rehabilitación en oito centros galegos. XUNTA
Reformas de rehabilitación en oito centros galegos. XUNTA | Fonte: Europa Press

Así o informou a Xunta este sábado a través dunha nota de prensa na que comunicou que redactarán o plan para cada proxecto durante o período estival, até outubro, e que as obras darán comezo o próximo verán.

Os colexios beneficiarios desta medida son o CEIP A Ramallosa (Teo, A Coruña), o CEIP Felipe de Castro (Noia, A Coruña), o CPI Ramón Piñeiro (Láncara, Lugo), CEIP Luís Pimentel (Lugo), o CPI Terras de Maside (Maside, Ourense), o CIFP Portovello (Ourense), o CEIP Tenorio (Cerdedo-Cotovade, Pontevedra) e o CPI Arealonga (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).

O obxectivo das reformas neste oito centros é ofrecer unha maior comodidade aos usuarios e conseguir aforrar nos custos de mantemento dos edificios, segundo manifestou o departamento dirixido por Román Rodríguez.

Para iso, o Goberno galego realizará un investimento de 4 millóns de euros que proceden do plan de dotación de infraestruturas educativas.

Segundo a consellería, este plan cumpre coa Estratexia Europa 2020 e a de aforro e eficiencia enerxética que xa leva a cabo desde 2015.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta