Dous feridos despois de arder un vehículo que derivou nunha colisión na AP-9

Aínda que non resultou demasiado afectada a circulación na autoestrada en dirección sur, si houbo que trasladar a dúas persoas feridas ao Hospital da Coruña e ao Modelo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2018 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O incendio a mañá deste luns nun vehículo que circulaba pola AP-9 acabou derivando nunha colisión entre outros dous coches. Aínda que non resultou demasiado afectada a circulación na autoestrada en dirección sur, si houbo que trasladar a dúas persoas feridas.

Autopista AP9
Autopista AP9

Segundo informaron fontes do 061, até o lugar do suceso trasladáronse dúas ambulancias asistenciais e o equipo sanitario do Centro de Saúde de Ordes e foron evacuados dous feridos ao Hospital da Coruña e ao Modelo. Ao constatar o estado dos feridos, foi anulada a saída do helicóptero de emerxencias, segundo confirmaron fontes do 112.

Pola súa banda, fontes da Garda Civil de Tráfico indicaron que, despois de rexistrarse sobre as 9,45 horas deste luns o suceso, en torno ao punto quilométrico 40 da AP-9, a circulación non chegou a verse interrompida e "todo" xa estaba solucionado antes das 11,00 horas.

No suceso víronse implicados tres vehículos, o incendiado e os dous que chocaron. Foi un particular o que deu a voz de alerta ao 112 de que un vehículo estaba a arder á altura do punto quilométrico 40 en dirección sur da AP-9. Na contorna do suceso, acabaron por chocar outros dous vehículos. Cando chegaron ao lugar do suceso os Bombeiros de Ordes, o lume no primeiro dos vehículos xa fora extinguido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta