O paciente inglés

Finalmente, segundo o guión previsto a patronal autonómica pasa coidados intensivos. Nun artigo anterior xa anunciaba que a descabezada Confederación de empresarios de Galicia non ía ter presidente.

Por Arán Feijoo | Vigo | 19/07/2018

Comparte esta noticia
Era unha situación previsible que finalmente se materializou. Nunca antes a Confederación galega estivera nesta situación  Pérez Canle co débil apoio da Confederación de Pontevedra non deu finalmente o paso. O dalo permitiulle probablemente chegar á presidencia pero unha vez nela a gobernación fose imposible.
 
As sectoriais estiveron tentadas de tentalo e colocar a un dos seus na presidencia por segunda vez na historia da organización, alguén do sector do metal podería tentar esa xogada. Con todo durasen menos que perez Canle.
 
Respecto da Confederación coruñesa, nin unha palabra tan só unha mirada achinada do seu presidente á algarabía dos sureños. A Confederación da Coruña é monolítica a pesar dalgunha veleidade alentada debilmente desde Ferrol.
 
A moi relevante Confederación de Lugo afirma que queda. Unha noticia importante durante un certo tempo se planeo realmente a súa marcha. A súa posición é determinante para a nova Confederación autonómica.
 
Ao final este mes de Xullo a CEG pasa a coidados intensivos, creouse un grupo de traballo coa finalidade de reformar os estatutos da organización e permitir a gobernación da organización polo equipo de goberno de quenda. Tarefa titánica os actuais estatutos a diferenza dos provinciais dan moi pouco poder efectivo á dirección da organización polo que se necesita un respaldo moi sólido ou a política de bloqueos xera a parálise da entidade. Fálase dun goberno colexiado, quizais prospere ese modelo.
 
A miña opinión persoal é que vai ser difícil que se chegue a unha modificación estatutaria nun prazo breve. Isto vaise a alongar entre dimes e diretes e asi a Patronal Provincial que xa leva case cinco anos de deriva, sumase un tempo máis. É necesario que os técnicos da casa teñan máis peso orgánico na mesma para que as cuestións entre os directivos non poidan afectar ou paralizar a institución.
 
Vén un tempo onde se anuncian modificacións nos procesos de negociación colectiva, un tempo de cambios nas relacións laborais. Na miña opinión merecémonos unha organización Patronal profesionalizada que cumpra os seus obxectivos dunha forma transversal dentro dunha estabilidade interna da que neste momento adoece.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA