Quen se parece máis a Donald Trump, a súa dobre galega ou a rusa?

Unha fotografía dunha muller rusa idéntica ao presidente estadounidense faise viral en redes sociais e medios de todo o mundo, que lembran o caso da galega que se fixo famosa por ter tamén un parecido extraordinario co magnate e presidente de Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/07/2018 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

En abril deste ano, unha fotografía de Dolores Leis Antelo, unha muller de 64 anos residente en Cabana de Bergantiños (A Coruña), circulaba masivamente polas redes sociais e medios de comunicación de todo o planeta. O seu extraordinario parecido co polémico presidente dos Estados Unidos Donald Trump sorprendou a todo o mundo. Agora, a Dolores saíulle unha competidora rusa.

Dobres rusa (esquerda) e galega de Donald Trump.
Dobres rusa (esquerda) e galega de Donald Trump.

Unha nova versión de Donald Trump foi fotografada viaxando nun autobús en Rusia, mentres o auténtico presidente de Estados Unidos e o ruso Vladimir Putin se reunían a miles de quilómetros de distancia, en Helsinki (Finlandia).

A imaxe foi capturada por un usuario de Instagram. Nela vese unha muller anónima que mira pola xanela dun autobús, cun xesto que, din, lembra ao do mandatario estadounidense. A nova fotografía tamén causou sensación nas redes sociais e medios internacionais e nacionais, como aconteceu coa imaxe de Dolores Leis Antelo.

A fotografía desta muller galega fixérase tamén viral polo seu extraordinario parecido co presidente de Estados Unidos. O feito de estar ademais labrando o campo fixo desta imaxe unha fonte case infinita de chanzas sobre Donald Trump.

Dolores concedera unha entrevista a Paula Vázquez, reporteira de La Voz de Galicia, sobre como a choiva atrasara os labores da colleita.

Dobre galega de Donald Trump.
Dobre galega de Donald Trump.

Cal das dúas mulleres se parece máis a Donald Trump?

Dobre rusa de Donald Trump.
Dobre rusa de Donald Trump.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta