O regreso de Beiras e os "espazos de libre decisión"

"Hai peores terroristas que os de ETA e teñen nome e apelidos; Rubalcaba, Rajoy, Fernández Ordóñez e Rouco Varela", dixo Beiras nun encendido discurso xunto con dirixentes de Nafarroa Bai, Esquerra Republicana e BNG que coincidiron en reclamar un "espazo de libre decisión" para as nacionalidades históricas.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 13/04/2011 | Actualizada ás 23:44

Comparte esta noticia

Ben é certo que Beiras nunca marchou, sigue estando, pero aproveita a mínima ocasión que lle brindan para reivindicar ese espírito de maio do 68 que nunca abandonou. Este mércores non foi menos e arremeteu contra Rajoy, Fernández Ordóñez, Rubalcaba e Rouco Varela aos que calificou de "terroristas". Tamén tivo algunha crítica para o BNG; equivocarse de socio en Galeuscat e non apoiar a ERC.

Beiras é emoción, discurso, paixón...pero tamén é histrionismo, manierismo e mesmo narcisismo. É un vello con corazón de novo e un novo con sangue maduro. Por iso, Beiras é espectaculo alí onde vai e se diante ten xente moza, crecese e acaba metendoos no peto. Dicía un vello parlamentario que Beiras é para a política galega o que Luis Suárez foi para o fútbol, unha comparación que non lle debe gustar moito xa que do deporte rei pouco entende.

Por iso, non ten problemas en botar lume pola boca, caia quen caia. E nesta ocasión toulle ao PP e ao PSOE pero tamén á banca e á igrexa e non tivo reparos en asegurar que os seus dirixentes son "terroristas máis perigosos" que os de ETA.

Ranking de terroristas


O ex líder dos nacionalistas galegos e actual dirixente do Encontro Irmandiño --formación integrada no BNG-- puxo nome o seu ranking de terroristas mundiais: Alfredo Pérez Rubalcaba, Mariano Rajoy, Miguel Angel Fernández Ordóñez; gobernador do Banco de España e Antonio María Rouco Varela, presidente da Conferencia Episcopal Española.

"Acaban de deter a uns rapaces... Eu sempre defendín a non violencia pero tamén defendín e defendo a non violencia do Estado e nos últimos anos en España practicouse a tortura", sinalou nunha conferencia sobre o Estado 2.0, organizada pola Mocidade Nacionalista Galega --MNG--, as xuventudes de Máis Galiza, na que tamén participou o ex conseller e dirixente de ERC, Joan Huget; o coordinador de Nafarroa Bai (NB), Patxi Zabaleta, e o senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouzas.

Coa súa habitual dialéctica incendiaria, o líder nacionalista lembrou que o "axustizamento" de Carrero Branco serviu para que hoxe haxa democracia en España e acusou os grandes partidos de querer encarcerar aos que loitaron polas liberdades. "E dígoo así de claro, eles son os terroristas máis perigosos do mundo", dixo en alusión a Rajoy, Rubalcaba, González Ordóñez e Rouco Varela.

España en "guerra"

Beiras mesmo foi máis lonxe e subliñou que España "está en guerra" e, por iso, instou ás formacións nacionalistas de esquerdas a "traballar e ser congruentes". "Hai que dicir o que se pensa e facer o que se di", apuntou nunha clara indirecta á súa formación, o BNG de quen dixo que se equivocou de amigos ao aliarse, durante a etapa de Anxo Quintana, con CiU e non con ERC.

"Cando se estaba con CiU non se tiña visión de Estado do que estaba acontecendo...Ou se escoita aos protagonistas dos procesos ou senón, córrese o risco de, como din por Castela, 'mear fuera del tiesto'", dixo sobre esta alianza.

Ademais, e comparando a situación catalana coa galega, sinalou que aquí serían imposibles as consultas soberanistas, sobre todo, porque hoxe, a diferencia de hai 10 ou 15 anos, o nivel de galegos que se declara só galego ou máis galego que español "é agora do 20% fronte ao 80% de antes".

Unha comparación que o levou a outra reflexión; "o BNG nos 90 chegou a ser hexemónico porque se asumían plantexamentos sociais". Por iso, suliñou que agora hai que volver a escoitar á sociedade, "aos movementos sociais como asociacións de veciños, SOS Caourel, asociacións de defensa das rías"...

Independencia versus "libre decisión"

Pero a pesares de que Beiras foi o máis incendiario no debate, o certo é que tanto Huget, coma Zabaleta e Pérez Bouzas tamén coincidiron con el no fondo, aínda que non tanto nas formas. Así, sobre as solucións para a actual configuración do Estado, Beiras foi o que falou directamente de "independencia no sentido republicano", onde os cidadáns poidan decidir "individual e colectivamente". Huget utilizou o termo "soberanismo" e "libre decisión", termo este último que preferiron tanto Zabaleta como Pérez Bouzas.

Os catro coincidiron nas dificultades de construir un estado en rede, precisamente, polo "centralismo madrileño". O ex conseller catalán denunciou a involución do estado e advertiu de que se poden chegar a situacións preconstitucionais de recorte de liberdades. Un sentimento que tamén compartiron Perez Bouzas e Zabaleta.

O secesionismo "non é a única vía"

Precisamente, o líder de NB foi máis coidadoso que Beiras ao falar de ETA e, a pesar de apostar pola "libre decisión" do pobo vasco e navarro, tamén recoñeceu que o "secesionismo" non é a "única vía" posible. "Hai que optar pola convivencia pero sen un estado imperialista", aclarou e foi máis aló, "ETA naceu e debe cesar por unha decisión política unilateral".

Zabeleta tamén se referiu á actual ilegalización de Sortu e reclamou que se poidan presentar ás próximas municipais pero tamén lamentou que os sucesores de Batasuna comezasen este proceso "demasiado tarde". E tamén lle mandou un recado a ETA, "tampouco deu os pasos que debería dar especificados no Pacto de Guernica", que asinaron o pasado setembro a esquerda abertxale.

En todo caso, mostrouse convencido de que, "tarde ou cedo, a paz chegará a Navarra e a Euskadi, "con ou sen o Estado porque, a pesar de todo, segue practicando a tortura".

Máis espazos de decisión

Durante esta conferencia, os nacionalistas galegos, cataláns e euskaldunes coincidiron en reclamarlle aos grandes partidos a necesidade de abrir novos espazos nos que non se "coharte" a liberdade dos individuos e das nacionalidades a "decidir por si mesmas". Por iso, todos, sen excepción, non dubidaron en criticar ao Tribunal Constitucional por anular o Estatut catalán e actuar "por consignas de Madrid".

Huget criticou aos grandes partidos por considerar España coma un "estado racial con centro en Madrid" e apostou pola globalización para que a "periferia" poida logra maiores espazos políticos e económicos.

Pola súa banda, Pérez Bouza, reclamou a formación dun "amplo espazo" conformado por todas as sensibilidades nacionalistas do Estado para facer fronte ao "nacionalismo centralizador" e, lograr así, abrir espazos de "libre decisión".

O debate foi intenso, cheo de acenos políticos e cun auditorio mozo e universitario moi entregado. Poucas veces teñen a oportunidade de compartir experiencias e praxis políticas similares pero con aplicacións moi diferentes porque a pesar das similitudes, as nacionalidades de Galeuscat, teñen contextos sociais, politicos e económicos moi diferentes, algo, que tampouco se lle esqueceu de mencionar aos propios ponentes.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 80 comentarios

8 Sempre Beiras

Muito Beiras !!! por certo baia merda de sisitema tedes para mandar o comentario...

1 rosa

pois non mandes...e fala ben merdeiro!

2 os de sempre

pois manda unha carta como as que lle mandas ós reis magos

7 Kiko

Moito medo lle tedes ao Beiras. Seguro que el saca máis votos que toda a UPG. Sempre Beiras! Sempre Galiza!

1 O Pindo

Ola Chatarras, ti non cambias, para que?, porque saúdas ao Beiras cando estás en IU?

2 Kiko

ATPC

6 Manolo2

Sabíamos que Beiras había tenido graves problemas psiquiátricos, pero pensábamos que ya había dado con el tratamiento adecuado. Estar mal de la cabeza es lo único que puede salvarlo de la cárcel. Se puede criticar mucho a Rajoy, Rubalcaba o Rouco, pero llamarles terroristas peores que otros sobre los que caen montones de sentencias judiciales firmes por actos de terrorismo, que incluyen centenares de asesinatos, y que pertenecen a una organización reconocida como terrorista por todas las instancias internacionales, es un delito grave de calumnias. Desde aquí ruego a quien corresponda que proceda de inmediato judicialmente contra este individuo. Los gallegos no merecemos que basura como esta nos represente.

1 ruso

manolito toca o pito...

2 CranioF

Cada vez que Beiras abre a boca, saen sapos, culebras e un mal alento que arrepía. Sempre foi un fanático chiflado. Pra min que é o Arzallus galego. Quintana caíame bastante mellor.

3 Manolo2

Y con la vejez empeora.

4 André

Tamén sabemos que Rubalcaba non tivo só "infección de ouriña" e que está metido no allo do caso "Faisán" e de ETA e do 11-M. Tamén sabemos que Rajoy vai en barco con coñecidos narcos. Tamén sabemos que os banqueiros ATRACAN ás clases traballadoras, parados e aos máis débiles. Como se chama iso? Terrorismo de estado. Non é Aznar un terrorista, dos maiores? Como é que o PP non condea a ditadura franquista? E Rouco? No único no que non concordo con Beiras é o de ERC, os de ERC son un noxo e así van, cada vez menos votos, defenestraron a Carod, fixeron "limpeza" de moitas correntes, apoiaron aos asturchais contra o galego, etc., etc. ERC non paga a pena.

5 Manolo2

Cualquiera de esos podría ser un terrorista siempre y cuando consigas una sentencia judicial firme que lo demuestre. No creo que a Beiras le falte pasta para pagar un buen abogado que lo defienda, así que a denunciar. Mientras tanto, teniendo en cuenta que todo el mundo es inocente hasta que no se demuestre la acusación, lo expuesto por Beiras es una calumnia.

6 xavierinho

Fuck off !

5 Compostelanaa

Co respecto que podo ter a Beiras como representante histórico da política galega hai que recoñecer que as súas manisfestacións ou ben son propias de alguén que se lle vai a cabeza ou simplemente busca voltar á palestra, tachar de "terroristas" a persoas que exercen as súas ideas de xeito democrático, sexan do PP ou do PSOE ou da curia romanda dame igual, é vergoñento tendo a desgracia que temos neste país con ese tema...En calquera caso non sorprende a condescendecia de GC cunhas declaracións deste tipo... o mesmo de sempre.

1 Porco Jones

¿De xeito democrático? Eu non votei polos "mercados". Os dirixentes mundiais neste momento non son os que votamos, son as grandes companhías de inversión financeira. A xente que nomeou Beiras governa en función dos desexos de lobys de poder que non forn democráticamente elexidos.

2 Compostelanaa

Vale Porco moi ben, viva o comunismo!! non os votaches ti pero fixerono outros esa é a esencia da democracia, en calquera caso, dicir que son peores que os da ETA non che parece unha barbaridade?

4 manuelmendezprieto

Beiras ten a lucidez e o valor para identificar a quen é quen, que non teñen outros. Ánimo Beiras ¡