Feijóo defende a Executiva de Casado e asegura que as feridas abertas con Santamaría “irán cicatrizando”

O líder do PPdeG lembra que hai xente da lista da ex vicepresidenta na nova dirección popular e destaca a presenza de tres galegos; Marta González, Diego Calvo e Ana Belén Vázquez.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/07/2018 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

Os problemas xurdidos no PP tras o seu tenso congreso aínda seguen dando que falar, especialmente, logo de que o seu novo presidente, Pablo Casado, presentara unha candidatura a súa medida que exclúe, en boa medida, as peticións do 43% dos compromisarios que apoiaron á lista perdedora, a de Soraya Sáenz de Santamaría.

Pablo Casado e Feijóo
Pablo Casado e Feijóo

Este xoves, Feijóo que, durante o proceso dixo manterse neutral aínda que todos os seus afíns apoiaron abertamente a Casado, fixo unha intensa defensa do novo presidente popular tras os conflitos xurdidos con Santamaría. “O seu obxectvo é manter unido o partido”, dixo ao tempo que se amosou convencido de que as “feridas abertas irán cicatrizando pouco a pouco”. 

De feito, o presidente galego foi máis alá na defensa de Casado e apuntou que na súa lista á Executiva hai afíns á ex vicepresidenta. “Se vostede mira ben a lista de Soraya pois comprobará que hai moitas desas persoas no Comité de Dirección do partido”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Neste sentido, destacou que hai “moitas sensibilidades” na nova Executiva e amosouse convencido que o seu partido, a partir de agora, “estará máis unido”. “O obxectivo do presidente do partido é a unidade e a renovación por iso o Comité Executivo foi elixido para unir e renovar o partido”, engadiu.

NOMEAMENTOS

Por iso, o presidente resaltou os perfís elixidos por Casado para pivotar o PP;  García Egea, como portavoz e número dous e Dolors Montserrat, do equipo de Cospedal, como portavoz no Congreso e Cosidó, como portavoz no Senado. “Casado elixiu a unha persoa da súa absoluta confianza como portavoz e é normal que o faga porque para ese posto hai que ter a unha persoa da máxima confianza”, dixo sobre García Egea. 

Tamén salientou a elección de Marta González, concelleira en Santiago, como vicepresidenta e portavoz de comunicación; de Diego Calvo como vicesecretario de Territorio e da ourensán Ana Belén Bázquez na Secretaría de Emigración.

PAPEL NO PP

Sobre adoptar un novo papel no PP de Casado, Feijóo insistiu en que se pode axudar ao seu partido "faráo", pero a súa "prioridade" é Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta