Emilio Cao: "a miña condena xudicial non vai facer que me arrugue"

O mozo, condenado a tres meses de cadea e 200 € de multa, finalmente non entrará en prisión. Aínda que celebrou a noticia "por todo o alto", afirma que o "idóneo" sería a libre absolución.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela a | 30/07/2018 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Atrás quedan catro anos de "incertidume" e "desamparo" que lle imposibilitaron realizar unha vida normal, asegura Emilio Cao. Dende aquel 22 de marzo do 2014 en que o rapaz foi detido en Madrid por participar nas marchas da dignidade acusado de desordes públicas, Cao viviu "unha mala experiencia" da que, segundo di, non se arrepinte.

Emilio Cao en rolda de prensa este luns
Emilio Cao en rolda de prensa este luns

Ata finais do mes pasado, a Fiscalía mantivo a petición da pena de cinco anos e oito meses de prisión, ademais de 600 euros de multa. Pero a sentenza que finalmente se lle impuxo ao mozo foi a de tres meses de cadea e 200 € de multa, polo que non entrará en prisión. Emilio Cao afirma que celebrou a noticia, mais "o idóneo sería a libre ansolución", xa que considera que non cometeu ningún atentado contra a autoridade, tal como ditaron os xueces. 

"Unha montaxe policial". Así é como entende Cao todo este proceso do que saca unha moralexa clara: "a intención de reprimir a protesta social" e de activar unha "docilidade" que, asegura, "non vai acatar". Así mesmo, o mozo quixo mostrar unha vez máis o seu agradecemento ás persoas involucradas, entre as que citou a Lores, Jorge Suárez, Xulio Ferreiro, Martiño Noriega, ao grupo parlamentar En Marea e a Pepe Arias, un dos artífices do éxito da campaña de amnistía, asegurou. Despois de todo, Emilio Cao segue con forzas: "A loita vai seguir, isto non vai facer que me arrugue". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta