Temas: FOLGA TAXI

A Xunta disposta a asumir a transferencia da regulación entre taxis e VTC pero "non problemas"

Di que a solución pasa por unha regulación "clara que resolva ese baleiro e falta de control".

Por E.P. | VIGO | 31/07/2018 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A Xunta remarcou, en relación co conflito xurdido entre o servizo de aluguer con condutor (VTC), que usan os condutores de Uber e Cabify, e o servizo de taxi, que o Goberno galego pode "abordar transferir competencias, pero non problemas"; e insistiu en que esta polémica "se soluciona cun marco regulatorio equilibrado e claro".

Ethel Vázquez en Mariña Davila
Ethel Vázquez en Mariña Davila | Fonte: Europa Press

Así o trasladou este martes a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que, ao ser cuestionada por este tema durante un acto en Vigo, incidiu en que a solución pasa por unha regulación "clara que resolva ese baleiro e falta de control que orixinou a 'lei omnibus'", aprobada polo Goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatero.

"Están a autorizarse VTC por sentenza xudicial como consecuencia do baleiro que ocasionou esa lei de 2009, que deu barra libre para a concesión de licenzas VTC", criticou. En todo caso, mantivo que a Xunta traballa "para conseguir unha convivencia regulada" entre os taxis e os VTC para garantir "unha competencia leal e sobre todo a seguridade dos usuarios".

Neste sentido, confirmou que unha representación da Xunta acudirá á reunión convocada para este mércores por Fomento con todas as comunidades autónomas, aínda que avanzou que previamente, ese mesmo día, manterá un encontro co sector do taxi en Galicia.

Temas: FOLGA TAXI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta