Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2018 | Actualizada ás 14:01
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu á oposición que non faga unha "utilización política" da morte dun paciente de 65 anos no PAC da Estrada o pasado sábado, cando o centro carecía de equipo médico porque o único profesional que traballaba ese día estaba a cubrir unha urxencia.
Así o demandou nunha rolda de prensa convocada este mércores na sede autonómica do PP. Tellado tamén incidiu en que a Consellería de Sanidade "xa deu todo tipo de explicacións sobre o sucedido" con "humildade" e "transparencia", polo que "non hai que facer valoracións políticas". Así mesmo, trasladou á familia do falecido, en nome de todo o grupo popular, o seu "pesar" e "lamento" polo sucedido. Ademais, asegurou que entende a dor destes familiares.
CRÍTICAS
Pero estas expliacións non convencen aos grupos da oposición que piden que se depuren responsabilidades polo acontecido na Estrada. Así, este mércores, o BNG pediu que se investigue o acontecido porque "non foi froito da casualidade". Tamén En Marea alertou que o acontecido pode volver a repetrise e o PSdeG pedíu a comparecencia do conselleiro de Sanidade. Pola súa banda, o PPdeG esixiulle á oposición que non politice esta morte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.