Gonzalo Caballero critica que o PP busque facer "campaña electoral" á conta do accidente

Gonzalo Caballero tamén trasladou todo o seu "apoio" aos accidentados e, por outra banda, ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que sempre estivo "ao pé do canón".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/08/2018 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou que tanto o PP de Vigo como o de Galicia, busquen facer "campaña electoral" á conta do afundimento do peirao no que se celebraba o festival Ou Marisquiño. En declaracións a Europa Press este xoves, o líder do PSdeG tamén tachou de "cínica" a actitude do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e de todo o PP que "ten unha dobre vara de medir" en función do caso do que se trate.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa | Fonte: EUROPA PRESS

Caballero explicou que esta dobre rapadoira se evidenciou cando Feijóo visitou aos feridos do festival e asegurou sentirse "avergonzado", unha emoción que, ao seu xuízo, non se repetiu no caso do home falecido na Estrada (A Coruña) ao non recibir asistencia sanitaria no Punto de Atención Continuada (PAC).

Esta actitude reflicte un "exercicio de cinismo político" que non achega "nada positivo" e que demostra como o PP "busca campaña" onde "non ten respaldos", segundo recriminou o secretario xeral socialista. Por iso, agora chama a "estar á altura das circunstancias". Ademais, Gonzalo Caballero tamén trasladou todo o seu "apoio" aos accidentados e, por outra banda, ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que sempre estivo "ao pé do canón".

RESPONSABILIDADES

Respecto da investigación que se abriu ao redor do caso, o líder do PSdeG aludiu a que debe "respectarse" o procedemento xudicial, pero que parece "evidente" que as cuestións de construción e mantemento das instalacións portuarias "son competencia" do Porto e da Autoridade Portuaria "máis que dun concello".

Ante todo, Gonzalo Caballero aposta por "traballar en clave de futuro" para que non se repitan este tipo de incidentes e "revisar outras estruturas análogas" da zona portuaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xan Perillán

Os dous de sempre!! (PP e PSOE) qué majetes.....

1 rueda valenciano dimision xa!

Aquí esta o que eu digo, meus amigos, porque a marea da comunista (podreiros) pretende que sexa o concello de vigo o que pague a factura, preteden acaso ser como o xulgado de expañol que antes que pague o administrativo portos de expaña, prefiren que sexan os galegos o paganitos da multa empresarial, non será o consorcio de seguros da organización os que teñen que pagar??? O acaso a comunista-podreiros mareante pretende instaurar o pepeiro a gobernar Vigo, señores non ven o apoio o grandísimo sinvergonza dos lumes 2017 (20 mil hectáreas ocultadas, eu dixen o que estaba pasando que non coicidian as cousas que decía a xunta e os mapas de Portugal) e por non falar do V2 que caeu Tui onde fabricaban toneladas de foguetes de xeito ilegal, que controlaba a xunta… Miren todo o que esta facendo o xefe de sala do 112 RUEDA VALENCIANO, non e administración da xunta sinon do pepeiro apocalipsis pepeiro - https://www.youtube.com/watch?v=rqf...