LUGO | 20/08/2018 | Actualizada ás 19:50 por EUROPA PRESS
Un home resultou ferido na tarde deste luns en Lugo nunha colisión na que se viron implicados dous vehículos.
Segundo a información do 112-Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 13,15 horas á altura do número 94 da Rúa da Industria, en Lugo.
Até a zona desprazáronse efectivos da Policía Local e dos Bombeiros da cidade, que tiveron que liberar ao home, que quedara atrapado nun vehículo. Foi evacuado por persoal sanitario do 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.