#Cultura365, o novo proxecto para a programación cultural da CRTVG

A xornalista María Solar dirixirá a nova grella para a cultura na Corporación pública galega. O proxecto presentado terá información cultural específica na TVG, na Radio Galega e na nova canle dixital os 365 días do ano. Ademais haberá unha ducia de novos colaboradores para esta tempada na Radio Galega entre eles a Real Academia Galega da Lingua, a Academia galega do Audiovisual co seu presidente Carlos Ares e diferentes protagonistas culturais galegos e galegas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2018 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

A nova tempada da CRTVG vén cunha nova programación cultural e unha ampliación de horarios. Tamén aumentan as  sinaturas de colaboradores, máis ángulos e puntos de vista e máis presenza dixital. Nisto resúmese o proxecto  #Cultural365, que busca incorporar información cultural específica nos medios públicos de Galicia os 365 días do ano. Na TVG, xunto con programas da tempada pasada, ampliase a programación cultural onde o “ZigZag”. Este espazo emitirase tamén na fin de semana, na primeira canle da TVG, e en horario de máxima audiencia.

Sede da CRTVG en San Marcos
Sede da CRTVG en San Marcos | Fonte: crtvg

Segundo a CRTVG, o programa radiofónico “Diario Cultural”, aumentará a súa duración a unha hora e corenta minutos. Este tempo estará repartido en horarios de máxima audiencia de mañá e de tarde para chegar a un maior número de persoas. “Diario Cultural” ofrecerase en directo tamén na fin de semana e contará coa súa propia canle dixital, que albergará contidos audiovisuais, como a elaboración dos programas, podcast e tamén unha achega exclusiva de todos os colaboradores de cultura da nova temporada.

COORDINADORA CULTURA

María Solar será a Coordinadora de Cultura da CRTVG. Solar, comezou a súa andaina hai máis de vinte anos na Televisión de Galicia e a Radio Galega onde presentou e dirixiu diversos programas de todos os xéneros. En TVG foi membro fundador do programa Zigzag Diario. Un programa que presentou e dirixiu conseguindo nesa etapa dous premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual ao Mellor programa de televisión, premio que tamén acadou en 2018 con A Revista Fin de Semana que presentou desde 2014 ata a actualidade. Na Radio Galega presentou e dirixiu o programa especializado en libros Chamando á Terra e durante oito anos, o magacine As tardes da Galega.

#CULTURA365 NA CRTVG

O ZigZag estará dirixido nesta nova andaina pola presentadora, guionista e filóloga, Rosa Castro, quen leva 30 anos traballando na TVG, nas áreas de informativos e programas, como presentadora, redactora, guionista e directora. dirixiu equipos de guión e encargouse da dirección argumental de series de éxito, como "Libro de Familia" ou "O Faro".

A Radio Galega é tamén “Cultura365” coa ampliación do Diario Cultural en directo tamén nas fins de semana, nas mañás en nas tardes de diario da Radio galega, e cunha nova canle dixital exclusiva para os contidos culturais onde os novos colaboradores da radio galega escribirán tamén sobre as áreas nas que son expertos. A nova programación cultural da Radio Galega contará entre outras, coas sinaturas de Beli Martínez, colaboradora sobre o audiovisual galego, Anxela Caramés, colaboradora de arte, Miguelanxo Prado, colaborador banda deseñada. Carlos Portela, colaborador tamén de banda deseñada Tito Lesende, colaborador pop rock . Armando Requeixo, colaborador narrativa  Montse Pena Presas, colaboradora en literatura infantil e xuvenil . Alba Cid, colaboradora de poesía. Rut Balbís, colaboradora de danza e arte do movemento. Roberto Pascual, colaborador de teatro. Luís Miguel Crespo Caride, colaborador de música clásica.

A Radio Galega contará para esta tempada tamén con coa colaboración dos directores dos programas especializados da Radio Galega, Emilio Españadero, colaborador de música folk e tradicional, director do programa Lume na palleira, Xabier Facal, colaborador de jazz, director de Notas de Jazz, Begoña Vázquez colaboradora de cine e audiovisual, directora de Sala 5, Manuel Vicente, colaborador de cultura científica, director de Efervescencia.

E contará tamén coas achegas e colaboracións Real Academia Galega e as do presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares. Amais desta nova aposta continúa para esta temporada unha ampla selección de programas en torno á cultura na radio galega como xital nos estudos da Radio Galega.

DIARIO CULTURAL

A nova programación non prescinde de Diario Cultural, o programa máis longo sobre cultura e literatura galegas. Logo dunha polémica sobre o futuro sobre a súa emisión, mesmo posible retirada da grella, a Radio Galega aposta por darlle un novo formato, como anunciara logo de que varias voces da cultura e de outros ámbitos desen a coñecer o seu desencontro con este anuncio. 

O caso é que logo das diferentes posturas expresadas nas redes sociais e por outras canles, houbo un período de incerteza que parece terse resolto. A división en varias entregas do Diario Cultural en horarios que a CRTVG considera de máxima audiencia e cunha emisión nas fins de semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 patético

Pero si xa temos cultura abondo ¡e lo a cidade da cultura! Por certo esto vai sair por un pico non.... e quenes son os supostos novos culturetas .... que quentiño se está ao lado de quen ten a estufa ehh¡¡¡

3 DiarioCulturalSEMPRE

Logo de se cargar o Diario Cultural, referencia obrigada nas sobremesas de moitos fogares para sabermos o ampla que é a nosa cultura, o goberno PPfrijolito segue decidido a pisotearnos. Non faltan sipaios que lle faciliten o traballo de xeito servil. Esgazan o contido do Diario en pildoriñas nas que non se chegará a profundar, dun xeito crítico e completo, en calquera tema. Nos arquivos quedarán programas como o dedicado a Xabier P. Docampo polo seu pasamento, sinxelamente estupendos. Grazas á xente que fixo posible ese Diario Cultural, co cal nos afirmamos no grande que é a nosa cultura minorizada.

2 Preguntoiro

A ver si algunha vez dades cifras de audiencia da TVG nas cidades porque eu non coñezo a ninguén que vexa a TVG na Coruña.

1 Tuenti

Esperemos que estos nuevos proyectos también ayuden a conseguir trabajo a los recién graduados. https://iniciarsesion.app/tuenti/