Por Galicia Confidencial | Lugo | 07/09/2018 | Actualizada ás 13:05
Plan Renove para boa parte das estradas provinciais de Lugo. Serán 57 quilómetros de 28 estradas dependentes da Deputación de Lugo as que se arranxarán ao longo deste ano. Por iso, este venres a Xunta de Goberno provincial aprobou destinar tres millóns de euros que beneficiarán a 11 conellos.
“Trátase dun novo investimento, que se enmarca dentro da aposta deste Goberno Provincial pola necesaria mellora das infraestruturas no rural lugués para potenciar a calidade de vida dos nosos veciños dende unha Deputación rural e sempre coas persoas”, suliñou o voceiro da deputación, Álvaro Santos.
Destes 3 millóns de euros, 2,6 millóns serán para o inicio da contratación de melloras en 46 quilómetros de 23 estradas polos concellos de Abadín, Folgoso do Courel, Baleira, Muras, Sober, Portomarín, Xermade e Samos. Os outros 400.000 euros son os que se achegarán ás melloras xa contratadas en case 11 quilómetros doutras 5 estradas provinciais que discorren polos municipios de Paradela, Castro de Rei e Cospeito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.