BNG e CxG apoian o proceso soberanista catalán coa súa participación en actos da Diada

O BNG defende o dereito dos cataláns a decidir libremente e CxG agarda poder reeditar Galeusca.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 11/09/2018 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Delegacións do BNG e de Compromiso por Galicia (CxG) estiveron presentes este martes nos actos organizados polas formacións nacionalistas e independentistas catalanas a favor da soberanía e dunha República catalana.

Bieito Lobeira, Ana Pontón e Rubén Cela nos actos da Diada en Cataluña
Bieito Lobeira, Ana Pontón e Rubén Cela nos actos da Diada en Cataluña | Fonte: BNG

O BNG participou cunha delegación integrada polo responsable de Organización, Bieito Lobeira, e polos cargos políticos responsables da coordinación da Área de Internacional, Ana Miranda e Rubén Cela.

“Con esta participación, xunto con militantes da formación nacionalista na emigración, o Bloque volve evidenciar o seu total apoio ao dereito do pobo catalán para decidir libremente e con todas as garantías a súa relación co Estado español, a través dun referendo de autodeterminación”, apunta nun comunicado.

Ademais, suliña que a súa presenza serve para reforzar os lazos de unión co movemento soberanista en Catalunya e traslada, unha vez máis, a súa solidariedade “cos presos e presas políticas na súa loita por acadar a república catalá independente, no exercicio do dereito de autodeterminación dos pobos”.

A delegación do Bloque depositou unha ofrenda floral diante do monumento a Rafael Casanova e reclama unha solución política que respecte a liberdade e a democracia.

Piñeiro Docampo, encabezou a delegación de CxG na Diada
Piñeiro Docampo, encabezou a delegación de CxG na Diada | Fonte: CxG

CxG

Pola súa banda, outra delegación de CxG, encabezada polo Secretario Xeral Piñeiro Docampo, e integrada por Orlando Villamayor, secretario de Organización, e Daniel Leiros, Secretario de Estudos e Programas, participou xunto con PNV e PdeCat nos actos da Diada. O seu obxectivo é  “artellar un traballo que leve a reedición de Galeusca”.

“Compre entender que o camiño  Catalán non é o galego, pero dende CxG defendemos a democracia e por iso estamos aquí, é moi importante que unha forza como CxG teña voz, a igual que os socios de PNV e PDeCat, niso traballaremos en Barcelona estes días", suliñou Piñeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Prístino

Bem está a solidariedade cós presos políticos cataláns. Estaria bem que também se solidarizaram com maior ênfase cós presos políticos galegos, espalhados por Espanha adiante.

4 Eniio

Miranda foi en Business class, of curse.

3 nostrus

El bloque al ser de la misma calaña que los separratistas catalanes es normal que se solidarice a traves de una alianza de desprecio mutuo en la que los catalanes no quieran saber de los gallegos a cambio de que los gallegos no quieran saber nada de los catalanes. Pero la realidad es tozuda y resulta que la totalidad del terriotrio español es propiedad de la totalidad de los españoles.

2 Quexoias

Ola, propóñovos unha interesante reportaxe. Preguntádelle a las Mareas de Podemos a súa opinión sobre isto: https://www.eldiario.es/sociedad/el...

1 adiante Galiza

Deberian formar un-ha alianza electoral nacionalista, deberían xuntarse!!!!