Denuncian un total de 265 casos de venda ilegal de animais desde febreiro en Galicia

As asociacións Libera e Fundación Franz Weber informaron á Xunta de Galicia dun total de 265 casos de venda ilegal de animais en páxinas web e redes sociais, desde febreiro deste ano, principalmente de razas 'potencialmente perigosas', aínda que tamén de "cans empregados para tarefas cinexéticas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2018 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

As asociacións Libera e Fundación Franz Weber informaron á Xunta de Galicia dun total de 265 casos de venda ilegal de animais en páxinas web e redes sociais, desde febreiro deste ano, principalmente de razas 'potencialmente perigosas', aínda que tamén de "cans empregados para tarefas cinexéticas".

Cachorro de raza pitbull. RAZAPITBULL.COM - Archivo
Cachorro de raza pitbull. RAZAPITBULL.COM - Archivo | Fonte: Europa Press

Con todo, as entidades animalistas denuncian que "non obtiveron ningunha resposta satisfactoria até o momento" e reclaman á Xunta que actúe contra unhas empresas que se estarían non só a "lucrar coas transaccións" senón tamén coa propia publicidade inserida en cada anuncio.

A Lei de Benestar Animal de Galicia, que impón sancións pola venda ilegal de animais de até 5.000 euros, esixe que calquera anuncio destas características inclúa, de forma obrigatoria, o número do Rexistro galego de núcleos zoolóxicos, algo que "se incumpre de forma sistemática".

O comercio ilegal de animais leva aparellado, apuntan os animalistas, non só posibilidades dun "posterior abandono por compras irresponsables ou por aburrimento do animal", senón tamén un "crecente custo" para a administración ante a carga que supón a recollida de animais abandonados.

Ademais, estas entidades alertan de que en moitas das ofertas se detectou a venda dos denominados "cans potencialmente perigosos", que "poden caer en mans completamente inadecuadas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta