Morre o operario que sufriu un accidente laboral nunha fábrica madeireira de Coristanco

O operario que sufriu un accidente laboral o pasado mércores nunha fábrica madeireira do Concello de Coristanco (A Coruña) faleceu horas despois no Hospital da Coruña a consecuencia da gravidade das feridas que presentaba.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2018 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O accidente produciuse ao redor das 17,45 horas nunha fábrica situada na Braña, até onde se desprazou un helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 que evacuou até o CHUAC ao traballador, que se atopaba en estado grave.

Camións trasladando madeira cortada
Camións trasladando madeira cortada | Fonte: esmola.wordpress.com

Alí, segundo confirmaron este xoves fontes sanitarias, o home faleceu no complexo hospitalario a consecuencia das feridas derivadas do sinistro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta