Temas: RECICLAXE LIXO

Allariz, un exemplo para Galicia no tratamento do lixo

A vila ourensá, exemplo de boa xestión en reciclaxe, ofrece este martes 25 de setembro unhas charlas dando a coñecer aos veciños os bos resultados da política de xestión de resíduos no concello.

Por X.M. Fernández | Allariz | 24/09/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A xornada ten o obxectivo de mostrar á cidadanía os resultados de tres anos de compostaxe comunitaria coa instalación dos compostoiros comunitarios e tamén as melloras na separación selectiva, recollida de vidro e restos orgánicos na hostalería.

Concelleiro de Medio Ambiente e Alcaldesa xunto a 2 empregados do servizo de recollida de lixo. Fonte: Concello de Allariz
Concelleiro de Medio Ambiente e Alcaldesa xunto a 2 empregados do servizo de recollida de lixo. Fonte: Concello de Allariz

Ademais, aproveitarase a ocasión para coñecer experiencias que se están a levar a cabo noutros lugares como é o caso de Larrabetzu, en Bilbao, consistente na separación selectiva da materia orgánica e o seu tratamento posterior por parte de labregos e gandeiros. Esta xornada informativa, de concienciación e sensibilización trasladarase en outubro ás parroquias de Gundiás e O Mato.

Allariz, preto do 50% de lixo reciclado

Días atrás a Alcaldesa, Cristina Cid, xunto co concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, e a representante da Asociación Ecoloxista Adega, deron a coñecer os bos resultados do programa de reciclaxe e compostaxe ao remate de verán.

Ao longo do mes de agosto no que se incorporou o camión ao programa RE, froito dunha axuda a través do programa Pyma do Ministerio de Medio Ambiente, recolléronse 300 colectores de entre 80 e 120 litros con resultados de materia orgánica que ascenden aos 15.000 kilos.

Formación sobre medio ambiente e resíduos a cargo dunha representante de ADEGA. Fonte: Concello de Allariz
Formación sobre medio ambiente e resíduos a cargo dunha representante de ADEGA. Fonte: Concello de Allariz

O aumento na reciclaxe de materia orgánica ten un reflexo positivo no aumento de reciclaxe das outras fraccións. A mellora é dun 15% no cartón e vidro e do 10% na fracción de envases. Estas datos, que roldan o 40% de lixo recuperado, aproxímanse ao obxectivo que se marcou o Concello de chegar ao 50% no ano 2020 e que sitúan a Allariz por riba da taxa de reciclaxe do resto de Galicia.

A asociación ADEGA, colabora coa área de medio ambiente, no reparto de compostoiros (300 ata o de agora) e impartindo charlas informativas na vila e no rural.

Temas: RECICLAXE LIXO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta