Extinguido o incendio forestal que afectou ao Parque do Xurés tras queimar case 25 hectáreas

Permanece controlado, desde as 9,06 horas do domingo, o incendio forestal de Cervantes (Lugo), rexistrado na parroquia de Donís.

Por E.P. | OURENSE | 01/10/2018 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou da extinción do incendio forestal que afectaba desde a noite deste sábado ao Parque Natural do Xurés e que, segundo as últimas estimacións, queimou case 25 hectáreas.

Incendio en el Xurés (Ourense)
Incendio en el Xurés (Ourense)

O lume iniciouse pasadas as 21,00 horas do sábado no municipio ourensán de Lobeira, concretamente na parroquia de Parada. Quedou extinguido sobre as 20,35 horas do domingo, tras calcinar 24,5 hectáreas, das que 18 son de arborado, e afectar a terreos do Parque Natural do Xurés.

Nos labores de extinción deste lume participaron un técnico, cinco axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, unha pa e un helicóptero.

CONTROLADO CERVANTES

Así mesmo, permanece controlado, desde as 9,06 horas do domingo, o incendio forestal de Cervantes (Lugo), rexistrado na parroquia de Donís, que comezara o xoves ás 18,08 horas, a causa, todo parece indicar, dun raio.

A superficie aproximada afectada é de 12,5 hectáreas, 12 delas de monte raso e 0,5 de arborado, segundo a información facilitada pola consellería.

Para a extinción deste incendio, mobilizáronse 1 técnico, 9 axentes, 45 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta