PSdeG e BNG critican a situación de Povisa e apunta ao PPdeG

Pontón ve ao PP "responsable" da situación de Povisa, que está "chantaxeando" cun "conto repetido".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2018 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Socialistas e nacionalitas critican a situación do hospital Povisa, logo do anuncio do preconcurso de acredores. Así,  portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao Partido Popular de ser "o responsable" da situación de Povisa, e criticou que o hospital estea "chantaxeando ao país" cun "conto repetido".

Hospital Povisa de Vigo
Hospital Povisa de Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

En rolda de prensa este luns, Pontón dixo "xa abonda" ante un escenario do que responsabilizou aos populares, polo "deseño" da área sanitaria viguesa, onde, segundo apuntou, "algunhas especialidades" só se ofrecen na sanidade privada e o Meixoeiro está "infrautilizado".

Neste contexto, criticou que "a empresa está chantaxeando a este país, utilizando como reféns aos pacientes e aos traballadores" do hospital. A Xunta "non pode ceder" ante unha compañía que "duplicou beneficios en 2017" e cuxo dono é "un dos homes máis ricos do Estado español", sentenciou.

O Bloque, xunto ao resto de grupos da oposición, reclamará que compareza "urxentemente" no Parlamento o conselleiro de Sanidade e que "haxa transparencia", segundo destacou a portavoz dos nacionalistas.

"IMPACTO NA ATENCIÓN"

De feito, este mesmo luns, o PSdeG remitiu un comunicado no que urxe a comparecencia do conselleiro "para dar conta do impacto da situación de Povisa na atención sanitaria de Vigo". Na nota de prensa, o deputado Julio Torrado alerta da "preocupación e incerteza provocadas polo anuncio de entrada en preconcurso de acredores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta